Venres. 19.04.2024
El tiempo

Reiteran a necesidade de aplicar a veda do polbo ante a nefasta situación

Polbo na lonxa
Reiteran a necesidade de aplicar a veda do polbo ante a nefasta situación

Nefasto está sendo o ano en canto a capturas do polvo. A baixura segue sufrindo a gravísima escaseza xa dende o ano pasado, e dende a Consellería do Mar non se toma ningunha medida.

As cifras son dramáticas. As vendas nas lonxas galegas baixaron nun 60% (un 40% fíxoo a facturación pola subida de prezos). Das 4,3 toneladas descargadas nos portos galegos en 2009, ou das 2,1 de 2019, as embarcacións galegas só capturaron 1 tonelada durante o 2020.

A pasada semana realizábase un taller telemático sobre as posibilidades económicas e culinarias do polbo, e analizando a situación, o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez Sieira, aseguraba que as embarcacións galegas están atopando moito “desove” no noso mar.

Unha impresión esperanzandora que non teñen os armadores costeiros de baixura, que se preguntan como é posible saber ese dato sobre o desove cando “non é nada comun ver desove de pulpo nas nasas, pero si nos cacharros, aparellos prohibidos precisamente porque fan que se perdan innumerables larvas de pulpo”. “Intenta o presidente facerlle ver á Conselleria que ou ben por deixadez ou ben por incapacidade, a Xunta non é capaz de contolar as artes ilegais?”, pregúntanse dende o sector ante estas declaracións, pedindo ao mesmo tempo que haia por fin unha importante veda.

Veda

Mentres, a baixura galega pregúntase por que non hai novas da veda aínda. De feito, non é normal que a estas alturas do ano non se teña aprobado xa a veda, que se ben nos útimos anos foi de 2 meses, historicamente adoitábase tomar de ata 6 meses, como a da nécora.
De feito, a reunión prevista para esta semana para analizar a posibilidade de implantar a veda foi suspendida pola enfermidade dun familiar dunha responsable da Consellería.

Artigos sobre o polbo

Comentarios