Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A incerteza do sector do mar ante a tardanza da veda do polbo

Pulpo ovado recen pescado
Polbo ovado recén capturado estes días
A incerteza do sector do mar ante a tardanza da veda do polbo

Seguimos percorrendo os portos costeiros para ver como se atopa un sector do mar en plena dicotomía neste Estado de Alarma. Hoxe falamos do polbo, unha especie que tamén está sufrindo a caída de prezos polo parón da hostalería e a restauración.

Unha especie que a estas alturas do ano debería estar xa en veda, pero coas competencias transferidas ao Goberno Central, non se sabe nada, volvendo esquecer a pesca artesanal. Non é algo novo, pois nos últimos anos a Xunta tampouco informaba ata o último segundo do establecimento das devanditas vedas.

Unhas vedas, que ademais van sempre a coste do sector, pois nunca son subvencionadas como sería un paro biolóxico. Os barcos, cando hai veda, seguen traballando e cambiar a outra arte.

É certo, que parte do sector ten filtrado que igual a veda podería comezar o 15 de maio, unha data que para moitos chegaría tarde, pois a esa altura moitos barcos xa terán deixando de coller polbo pola falta de capturas, e poderían estar collendo polbo ovado durante un tempo.

”Estamos moi intranquilos”, recoñecen dende varias confrarías, “sobre todo polo tema biolóxico. A día de hoxe xa se está capturando moi pouco, e o que se trae está ovado e ás veces baixo talla”. Deste xeito, “estase perdendo necesario periodo de desove, polo que temos unha real preocupación polas seguintes campañas”.

Esta “incerteza” polo aspecto biolóxico únese ao drama económico que vive o sector, coa caída do prezo do peixe de valor e do marisco, incluído o polbo.

Dende o sector empresarial tamén notan que hai menos produto. Javier Gallego, da empresa Gallego Pereira especializada en polbo conxelado e transformado, cóntanos que seguen traballando, “conxelando coma sempre, vendendo practicamente igual nas grandes superficies”. Pero matiza que si que o polvo caeu, polo peche da hostalería, arredor dun 15% sobre os últimos prezos. “Nós, que compramos nas lonxas, si que notamos que hai menos polbo, porque hai moitos barcos que marcharon á xarda ao País Vasco", e que unha vez esgotada a cota dirixida están de volta pola costa con traballos de enmalle, as redes de artes menores.


Polvo ovado. Fonte: Frescoydelmar

Novas sobre a pesca no Estado de Alarma

Artigos sobre o polbo

Comentarios