Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rogelio Santos: “Penso que quen fai as normas debería ir ao mar un ano e vivir diso"

Rogelio Santos Queiruga en QPC
Rogelio Santos Queiruga en QPC
Rogelio Santos: “Penso que quen fai as normas debería ir ao mar un ano e vivir diso"

Dende o mar galego, este mariñeiro nas súas redes sociais está concenciando a todo un país sobre o cuidado da fauna mariña, do nobre arte da pesca e da beleza que se esconde baixo ese manto de auga cristalina, navegamos con Rogelio Santos.

Moitas cousas nos aprende este mariñeiro de Queiruga, Porto do Son:

 
  • A.G.: Esperabas esta repercusión mediática cando empezaches a gravar os teus vídeos?

No, non o esperaba. Colleume totalmente de sorpresa. Sabía que eran cousas bonitas e que gustaban, pero non me esperaba tanto.

 
  • A.G.: Cal é o vídeo que máis impacta ao teu parecer?

Todos os vídeos no momento de devolver ao mar especies con ova, en veda, protexidas ou que son pequenas, dean ou non a talla mínima. Aos rapaces encántanlle. Facelo implica un esforzo do sector pesqueiro, ao igual que cumplir todas as normas e regulacións que temos, sobre todo vendo os malos exemplos da sociedade, que tanto protagonismo teñen nos medios de comunicación, está claro que porque ocorren.

 
  • A.G.: Agora que es todo un “influencer”, pescas máis ou eso aos peixes dalles igual?

Non me gusta nada a palabra "influencer". Co bonito que é ser mariñeiro!!! Gústame que os auténticos influencers sexan os peixes e a diversidade e riqueza de Galicia, e o exemplo a seguir moitos dos meus compañeiros do mar.
En canto ás pescas, cada vez temos que pescar máis kilos para gañar a metade. EIso é moi desmotivador.

 
  • A.G.: Pero todo iso que emerxe como a escuma, tamén crea os chamados "haters”. Como levas eso?

Senón falan mal de ti é que non existes. Preocúpame máis que o que eu diga sexa veraz, honesto, respetuoso e que infunda bos valores e colaboración entre a xente, que o que fagan outros. Non me molestan as críticas nin as distintas formas de pensar sempre e cando non insulten, descalifiquen, emponzoñen ou acosen de xeito grave. Algunha xente pensa que nas redes sociais todo vale. Eu non. Non me gusta que llo fagan a ninguén. Eu téñome exposto publicamente con críticas a presidentes, ministros, concelleiros e alcaldes, contra a lei de acuicultura de Galicia, contra que non se depuren as augas fecais debidamente, contra a mina do Touro ou quen tira plásticos ao chan. Sempre dende as máximas que dixen antes. Quen o fai contra min dende un perfil falso, non me interesa, non me importa. Quen o fai identificándose, respétoo.

 
  • A.G.: Ao mar hai que terlle medo, respecto ou cariño?

O medo tense sen buscalo, hai que terlle sobre todo, respecto.

 
  • A.G.: Nós somos da Costa da Morte e sabemos da dureza do mar, e por desgracia sufriches a perda dun pai no mar. Como seguiches ca profesión de mariñeiro?

Polo bo exemplo de meu irmán, veciños, outros compañeiros mariñeiros e patróns, familia…
Moita xente vive do mar, ata o porto máis pequeno da alimento a millóns de personas ao longo da súa existencia. Perder a un ser querido é demoledor. Vivino en primeira persona con meu pai, o máis duro, pero tamén con veciños, faliliares, conocidos, amigos.... temos unha deuda inmensa co sector do mar.

Os accidentes e falecementos no mar teñen que facernos reflexionar sobre esto e tamén sobre que hai que vivir cada dia como se fose o último, non solo pensando en disfrutar un, senón en tratar ben aos demais. Morre moita xente nas carreteras pero non deixamos de circular, tratamos de que sexa máis seguro, con normas, medidas e conciencia.

 

Penso que quen fai as normas deberia ir ao mar un ano e vivir deso. Penso que é máis fácil poñer normas de control, vixiancia, multas, sobre a pesca que sobre a corrupción política ou a xestión dos cartos, que como o peixe, son públicos, só que non teñen que saír a pescalos coma nós aos temporais, nin polo mundo adiante.

Creo que debe haber normas, lexislación, multas, pero que a maior concienciación sobre coidar do mar e respetalo xurde cando quen manda pon un bo exemplo. Eu estou moi orgulloso dos meus compañeiros de profesión, dos mariñeiros.

Creo tamén que hai moita hipocresía europea. Moi estritos co control do peixe para os barcos galegos e logo entran produtos de terceiros países semiprocesados ou procesados do tipo glucosa, aceites de orixe vexetal, proteínas de pescado, fariñas refinadas (pode conter trazas de frutos secos), proteinas animais… proteínas animais? De que animal, de can?

Un peixe en Galicia, para nós, ten que poñer: nome, barco que o pescou, arte de pesca, zona de pesca, data de pesca, transportista que o levou á lonxa... e está ben. Pois que poñan a norma a quen teñen que poñerlla.

Por outra parte, se queren poñer cámaras a bordo, que as poñan tamén nos despachos dos europarlamentarios, e nas salas de xuntas. No meu caso, poñerme unha cámara facilitaríame a miña labor divulgativa, porque a forma de pescar sería a mesma. Con este tipo de cousas sempre me pregunto: ata onde van chegar? Grabarannos nas casas tamén? Quen ve esa información?

 
  • A.G.: Falando dos teus vídeos tan didácticos sobre a fauna marina, que se sinte que en algunha escola os estean utilizando para a enseñanza?

Eu aprendín moitos dos valores que teño na escola, de mestres e mestras, un colectivo ao que teño un gran respecto e afecto. Creo que os rapaces e a xente que se esforza por estudiar nestes tempos difíciles para atopar traballo merece moito ánimo. Hai que aproveitar as oportunidades educativas do noso país. Síntome moi honrado de que utilicen os meus contidos, e oxalá lles sexan útiles.

 
  • A.G.: Verdadeiramente sabemos o que nos aporta o mar, coidamolo cómo se merece?

Coidámolo moito máis que fai anos, pero aínda hai que coidalo máis, mariñeiros e toda a sociedade, e as institucións. O mar e a terra, o aire, a auga, dannos uns beneficios impagables que van máis alá dos cartos, están moi vinculados á alimentación, á saúde, ao benestar, á felicidade. Non podemos privar deso aos nosos fillos e netos. Sería un crimen.

 
  • A.G.: Se puideses reencarnarte en algún ser vivo de esa fauna en cal sería?

Jajaja, eu só me imaxino reencarnándome en mariñeiro. Pero se me preguntas cal significa máis para min, diría que o cabaliño de mar.

 
  • A.G.: Tamén comentas o que se debe facer e non con algunhas capturas. Que opinas dos furtivos?

Opino que hai que cumplir as leis, e que se algunha está mal, hai que cambiala partindo de cumplilas, non de non facelo. O mar non é dos mariñeiros, nós só temos unha autorización dacordo a unhas normas, non é barra libre. A pesca recreativa e submarinistas tamén teñen unhas normas, os concellos outras, a xente nas súas casas outras... as cousas funcionan mellor cando cada quen intenta asumir a súa responsabilidade, e non tanto cando só busca culpables nos demais.

Da centola que nós devolvemos ao mar cando está en veda ou ten ova, aínda poderei pescar unha cría eu ou outro compañeiro o día de mañá. Da que non, nin eu nin ninguén. Iso é o que importa. Cada centola que devolvemos ao mar pon polo menos, uns 30 mil ovos e dúas postas. Na miña casa sempre se gardaron as mellores patatas para resembrar, ou se deitaron galiñas para ter novos pitiños.

Se hai outro que vai detrás de nós collendo o que está en veda que devolvemos ao mar, sabe que se expón a unha multa ou sanción importante. O meu deber é pescar e respetar eu.

 
  • A.G.: Xa para rematar, tiveches o teu paso na política, que opinión tes da situación que estamos a vivir?

No meu paso pola política coñecín a xente moi boa, a quen quero e aprecio moito ata o día de hoxe. Sempre tiven o afecto de moitísima xente.
Creo que máis que nunca é tempo de colaborar máis (falo non da politica, senón dos distintos grupos de xente que conformamos a sociedade). Creo que é tempo de menos palabras e máis obras.
Creo que é tempo de que os políticos falen menos horas de si mesmos e máis do que está destruindo a seguridade e o medio de vida da xente. Sería posible?
Necesitamos certezas, non máis incertezas. Necesitamos referentes sólidos na sociedade, valores e personas. Xente que faga o que di.

Son afortunado por nestes tempos de pandemia ter horta e ter o mar cerca. Axúdaronme moito a ter certo grao de "escape". Abro unha fiestra ao mar para que quen non pode me acompañe no meu día a día.
Necesitamos moitísimo volver a estar seguros e ser libres, como eu son no mar.

Novas relacionadas

Novas sobre Relevo Xeracional no Mar

Comentarios