Manifesto da Outra Xente: “Hai que poñer fin á guerra contra a natureza”
Promovido por Antonio Sandoval e Manuel Rivas, e asinado por máis de sesenta persoas do mundo cultural e científico, sae á luz o “Manifesto da Outra Xente”: “Hai que poñer fin á guerra contra a natureza”. Que si así:
Manifesto da Outra Xente
Vivimos un tempo de emerxencia planetaria. Cómpre poñer fin á guerra contra a natureza. Poñer fin aos procesos de extinción. Acabar cos asasinatos ecolóxicos en masa contra a Outra Xente.
É hora de descolonizar e desescravizar a nosa mente. O respecto á Outra Xente, á natureza, é tamén a nosa emancipación. Sen a biodiversidade non haberá lugar para o ser humano.
Fronte ao fanatismo da sobreexplotación ilimitada debemos abrir paso a un decrecemento, entendido como unha nova abundancia. Abundancia no benestar con e coa natureza. Temos que renaturalizármonos para reencantarnos coa nai terra.
Chegou o intre de pensar en ampliar os dereitos da outra xente e espallar de xeito universal leis que a defendan fronte a todo tipo de ecocidio.
Hai que actuar. O primeiro paso, a primeira revolución, é comezar a escoitar as voces da Outra Xente.
Entre os asinantes atopamos xentes da Costa como Marilar Aleixandre, escritora e naturalista membro do Batallón Literario da Costa da Morte; o actor carnotán Miguel de Lira; Pepe Formoso, empresario de turismo ecolóxico, profesional da comunicación; Xosé A. Fraga, historiador; Rafael Lema Mouzo, escritor, investigador, hostaleiro; Suso Lista, escritor; Héctor Pose, docente, escritor; Manuel Rivas, escritor, periodista…