O mar da Costa únese ao sector do transporte na súa loita

Poucas veces atopamos dous sectores como os do transporte e os da pesca unidos. Esta mañá viviuse unha xornada de conxunción, co sector do mar da provincia apoiando as reivindicacións do transporte a acodindo ao paro e ás mobilizacións.
Mariñeiros de Malpica, Laxe, Corme, Coruña, Caión ou Camelle acodiron cos seus vehículos á mobilización pola Coruña, provocando o colapso en moitas rúas da vila.
Así se manifestan centos de transportistas, arroupados por gandeiros e xentes do mar da Costa da Morte, esta mañá na Grela, A Coruña. pic.twitter.com/iO4uiVpAIJ
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) March 21, 2022
O apoio masivo dase no marco dun paro xeralizado tamén da pesca de baixura, despois dun aviso que chegaba o pasado venres da man da Federación Nacional de Confrarías. “Temos os mesmos prezos de hai 15-20 anos e pagamos os impostos e os prezos de 2022”, denuncia o sector.
Unha folga que está tendo unhas consecuencias moi graves no sector lácteo da comarca, pero que fai patente a precaria situación de outros dous sectores como son os protagonistas do parón de hoxe.
Volverán, transportistas, e tamén mariñeiros, a mobilizarse no día de mañá. Teñen convocada unha concentración na entrada do porto, a partir das 11:00h para realizar unha manifestación ata os Ministerios a partir das 11:00h. 30 ou 40 mariñeiros da comarca non faltarán á cita.
Mentres esperan avances reais por parte do goberno central, e non descartar mobilizarse en Madrid.