Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos pídelle medidas urxentes ao Ministerio para evitar unha meirande crise no sector lácteo

  • Os gandeiros de Mazaricos xa tiveron que desbotar a semana pasada 100.000 de leite.
Alcalde de Mazaricos co Conselleiro
O alcalce mazaricán co Conselleiro
Mazaricos pídelle medidas urxentes ao Ministerio para evitar unha meirande crise no sector lácteo

Visitaba Mazaricos esta mañá o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. Unha xuntanza con máis dun cento de gandeiros da comarca, para analizar, nun dos concellos máis importantes do sector gandeiro galego, a problemática polo paro do transporte. Un paro que obriga a ducias de gandeiros a ter que tirar ou regalar o seu leite (xa van máis de 100.000 litros de leite desbotada a semana pasada só en Mazaricos), e mesmo a sacrificar parte do seu gando.

O alcalde mazaricán, Juan Blanco pediulle ao Goberno central diálogo co sector do transporte para desbloquear a recollida de leite nas explotacións gandeiras. “Levamos unha semana de contactos sen que se nos ofrecesen solucións viables”, denunciou o rexedor.

Mazaricos, principal produtor leiteiro de Galicia, asinará con outros 24 concellos onde o leite é un sector estratéxico unha carta dirixida aos Ministerio de Transporte reclamando que sente a negociar co secto.

Pola asúa parte, o Conselleiro comprometeuse para trasladar as inquedanzas do sector ao Ministerio. González aproveitou para lembrar que o sector estaba xa moi afectado pola suba das materias primas en 2021, situación que se agravou pola invasión rusa a Ucraína e, agora, polo paro do transporte. Por iso, o titular de Medio Rural úrxelle ao ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación a que se cumpra a Lei da Cadea Alimentaria e exixe que se faga efectiva a prohibición de venda a perdas. Así mesmo, o conselleiro instoulle, unha vez máis, ao Ministerio a que se reúna inmediatamente coa distribución, coa industria e coa gandaría para, canto antes, acordar unha suba do prezo dos produtos que están percibindo os nosos gandeiros.

Pide ademais a “a inmediata baixada de impostos dos carburantes e outros insumos claves para o sector primario”.

Comentarios