Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Marcos García: "O curso de Google Adwords complementa perfectamente a miña formación"

Marcos García: "O curso de Google Adwords complementa perfectamente a miña formación"

Hoxe queremos falar con Marcos García Patiño, profesional do Turismo que vén de participar nun curso de Curso de Google Adwords de Galinus Forma, impartidos por Javier Mosquera nas instalacións de Acerta Formación. Cursos que serven para a mellora do seu posicionamento e a visibilidade dun negocio.

Pero queremos que sexa o propio Marcos o que nos conte a súa experiencia, se ben compre recordar que a vindeira semana comeza un novo Curso Adwords ao que aínda se pode inscribirse:

  • QPC: Por que te apuntaches aos cursos de Google Adwords?

Porque me pareceron un complemento moi interesante que sumar á miña formación. Ademáis, sendo un campo bastante novo para o público en xeral, creo que ter a estas alturas unha boa base é unha oportunidade de diferenciarse.

  • QPC: Como resumirías o curso?

Foi un curso moi dinámico, entretenido e práctico. Todos partiamos de cero, e fomos vendo avances claros día a día, manexando as nosas campañas, ate chegar ó último día xa cun bo nivel. Dende logo, o curso respondeu totalmente ás miñas expectativas.

  • QPC: Xa poderías dicir que sabes empregar os anuncios de google para promocionarte na rede?

Creo que teño os conceptos básicos necesarios e as ferramentas para levar unha campaña deste tipo, sí. Javier repetíunos moito que o que quería é que tivésemos claras unha serie de ideas e que non nos dedicásemos simplemente a repetir uns procesos. E creo que o conseguiu. A partir de agora xa depende de nós, porque as posibilidades son infinitas.

  • QPC: Poderías contarnos un pouco de que se tratan?

Os anuncios de Adwords son eses anuncios que nos aparecen na parte superior e no lateral dereito da pantalla cando facemos as nosas búsquedas en Google. É fácil facermos unha idea do importante que pode ser para nós ou para a nosa empresa aparecer ben colocados. Temos que diseñar un anuncio atractivo e descriptivo, escoller un área de influencia e, incluso, uns horarios. O máis importante é escoller as chamadas "palabras clave", que serán as que activen o noso anuncio cando aparezan nalgunha búsqueda. Hai que procurar termos moi populares ou moi concretos, pero que se axusten ó que nos anunciamos. Finalmente, hai que facer unha poxa, manual ou automática, por cada palabra clave, ofrecendo o que consideremos adecuado por cada vez que alguén faga click no noso anuncio. O mellor de todo e que calqueira elemento é revisable en todo momento, en función do que funcione ou non.

  • QPC: Como che vai axudar a facer máis visible e atractiva a túa marca persoal?

Nun momento coma este, con tanta competencia e no que case todo se move "on line", é importantísimo estar o máis visible posible nestas áreas. As campañas de Adwords permiten ter moita presencia a un coste reducido, é dicir, o ideal para dar a coñecer o noso producto, sexa cal sexa.

  • QPC: Un profesional do turismo coma ti, con 2 diplomaturas (Turismo e Empresariais) e con 5 idiomas, ve complementada así a súa formación?

... E cociño, son limpo, educado, resultón, simpático, e non teño moza! me lo sacan de las manos oiga! Jajajajaja, gracias pola publicidade rapás. Perdón, non o puiden resistir. Agora contesto en serio: Por suposto. Este curso deume ferramentas no apartado comercial online que non tiña ate o de agora, e que me permetirán afrontar un traballo dese tipo con máis garantías. Ademáis, como dixen antes, ó ser un campo bastante novo, o curso axúdame a diferenciarme e a ofrecer un plus con respecto á competencia.

  • QPC: Recomendarías estes cursos a outros profesionais do sector turístico ou outros sectores?

Sen dúbida. O futuro parece estar na rede, e máis agora que hai que buscar novos mercados, xa que o país e o estado están en crise. Dominar este tipo de ferramentas e controlar a nosa imaxe online será fundamental. Ademáis permitenos, ate un certo volumen, un algo grado de autoxestión, o que é de agradecer nestes tempos.

Máis información e inscricións

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios