Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Galinus espalla as redes sociais por Baio, Camariñas e Ponteceso

Galinus espalla as redes sociais por Baio, Camariñas e Ponteceso

Continúa a empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios, matriz de QPC, espallando saber 2.0 pola Costa da Morte. Desta volta son os empresarios da bisbarra os alumnos, e se hoxe e onte tocoulles aos de Baio, en vindeiros días tocaralle aos de Ponteceso e Camariñas.

Cheo total na cita en Baio co mestre Javier Mosquera. 15 empresarios do sector do motor tomaron nota da incidencia da internet na sociedade actual, mesmo no seo da nosa atrasada bisbarra. Ademais aprenderon como funcionan as Redes Sociais, e as posibilidades de difusión que permiten estas ferramentas web.

A sesión comezaba cos propios empresarios buscándose así mesmos na rede, e remataba xa coas páxinas de Facebook dos seus talleres creadas.

Curso en Ponteceso e Camariñas

O curso, xestionado a través da FECOM, chegará tamén á Á Asociación de empresarios de Ponteceso tócalle curso sobres as RRSS (Redes Sociais) os mércores 21 e xoves 22 de setembro. O curso será totalmente gratuito e se desenvolverá en horario de 20:00h a 22:00h.

Pola súa banda, en Camariñas concentrarase nunha soa xornada, que se impartirá o mércores 28, dende ás 16:00h.

Programa do curso

  • Breve introdución ás Redes Sociais.
  • Principais RRSS na actualidade: Facebook e Twitter.
  • Protocolo de Comunicación en RRSS para organizacións.
  • Taller e Prácticas.

Información e inscricións

  • Federación de Empresarios Costa da Morte: 981.71.83.88
  • Na Asociación de Empresarios de Ponteceso, no telefono 981.715.493 ou a través do correo a [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios