Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez faise cun novo premio, o Lux Oro da APFE

Marcos Rodriguez Fotografo
Marcos Rodriguez co Lux de Ouro 2019
Marcos Rodríguez faise cun novo premio, o Lux Oro da APFE

Volviuno facer. Marcos Rodríguez volveu con premio. A cada certame que se presenta, arrasa. Desta volta foi nos Premios de Fotografía Profesional LUX 2019 que outorga a APFE (Asociación Española de Fotógrafos Profesionales). Presentaba a súa colección “Caducifolio” en categoría Proxecto Persoal e malia ir pensando en chegar a conseguir o Bronce, volve a casa, dende Barcelona, co Lux de Ouro.

O xurado destacou o “uso da luz e a potencia estética” das obras e cando tivo que dar unhas palabras (coas que non contaba) notouse que prefire estar detrás da cámara. Dedicoulle, entre bágoas, o premio ao seu fillo maio, pois o pequeno xa levara un o da Federación Europea.

Sen tempo a descansar marcha este sábado a Toledo onde se celebran os Premios Quijote. Un premio que aínda non ten nas súas vitrinas.

Obra de Marcos Rodriguez nominada aos Premio Quijote

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios