Venres. 10.05.2024
El tiempo

Medio Rural insta ás administracións e á veciñanza a colaborar na loita contra os incendios forestais

Medio Rural insta ás administracións e á veciñanza a colaborar na loita contra os incendios forestais
conselleira-angeles-vazquez-santa-comba A Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, estivo onte de visita no concello de Santa Comba “É responsabilidade de todos, dende as administracións aos propios particulares, colaborar na loita contra os incendios forestais” sinalou onte a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, durante a súa visita a Santa Comba onde puido supervisar as obras realizadas no marco do convenio de prevención de incendios forestais subscrito con este concello. Alí, a conselleira aproveitou para destacar a importancia que ten a limpeza das faixas secundarias de xestión e respectar as distancias de plantación. Santa Comba é un dos concellos que ten asinado as tres liñas do convenio que permite reforzar a prevención e extinción de incendios. Por unha banda, mediante a actuación de vehículos motobomba de propiedade municipal, ao subvencionar a contratación do condutor. Por outra, mediante a realización de tratamentos preventivos de xeito mecanizado en vías de titularidade municipal e, por último, a través da contratación de brigadas para o desenvolvemento de labores de vixilancia, prevención e extinción de incendios forestais. A conselleira sinalou que actualmente son 68 os concellos de Galicia que teñen asinada as tres liñas do acordo fronte aos 29 que decidiron non adherirse ao convenio. Neste senso, Ángeles Vázquez matizou que é necesario que todas as administracións sexan conscientes da importancia de traballar conxuntamente na defensa do noso patrimonio natural e da nosa poboación, polo que lanzou un novo chamamento aos gobernos locais para que se animen a subscribir este convenio ou ao que se acaba de asinar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a xestión de biomasa nas faixas secundarias. “Todo suma na loita contra os lumes”, subliñou a titular de Medio Rural. brigada-anti-incendios-santa-comba A Conselleira do Medio Rural aproveitou a súa visita a Santa Comba para comprobrar os traballos de desbroces nos camiños municipais Durante a súa visita a Santa Comba, a conselleira aproveitou para comprobar os labores de desbroces levados a cabo pola brigada e polo tractor nos camiños de titularidade municipal. Ángeles Vázquez, que estivo acompaña pola alcaldesa, María Pose, o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Para este ano 2018, a consellería destinou un total de 11,8 millóns de euros para dar cobertura a este convenio, xa que o 90% dos concellos de Galicia teñen subscrita algunha das súas liñas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mazaricos-vimianzo-e-zas-recibiran-axudas-da-xunta-para-financiar-tractores-de-prevencion-de-incendios/

Artigos sobre os incendios

Fonte

Comentarios