Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido
16:07 03/01/15
Cada vez son máis as administracións e entes turísticos os que se suman a ese comunicado que ten como obxectivo que o O Camiño dos Faros se homologue como Sendeiro de Gran Perorrido GR.
Nesta ocasión, son as asociacións locais da bisbarra ás que queren consolidar esta ruta. En concreto trátase de:
- Asociación Cultural Malante (Malpica)
- Asociación Veciños Eduardo Pondal (Corme)
- Colectivo Ecoloxista PX (Ponte do Porto)
- Asociación O Eón dos Faros
- AEPT (Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas)
- Asociación de Vecinos de Fisterra "Costa da Morte"
- Universidade Cromática de Corcubión
- Club Ciclista Cee
- ACDR Pedramar O Pindo
Ao longo do mes de xaneiro presentaráse ante a Deputación da Coruña este proxecto co fin de que se involucre na súa consolidación e se convirta así no promotor desta Ruta de Gran Percorrido.
Dende a Asocación Camiño dos Faros fan un chamamento a todas os entes públicos e asociacións que se queiran adherir ó comunicado. Para iso, deben de poñerse en contacto con eles en [email protected]