Venres. 15.11.2019
El tiempo

Mon Lendoiro vertebra a Costa expoñendo as súas criaturas en Stoupa

Mon Lendoiro vertebra a Costa expoñendo as súas criaturas en Stoupa
De Carballo e Cee, pola AC.552, marchan as obras de Mon Lendoiro cara a tenda-galería Stoupa. Este sábado 14 de setembro as 12:30 do mediodia terá lugar a inauguración da exposición "Trociños de papel e outros animais" do artista carballés.

Esta proposta parte da premisa de darlle unah doble oportunidade a aquelas pezas que non encaixaron (ou non cabían) na exposición para a que foran creadas. Así, utilizando o colaxe serven para crear algo novo, estético e artístico.

"Esta idea e concepto foi a que me levou a pensar nesta mostra. Poder facer artisticamente con embalaxes, papel de agasallo, albums de cromos ou calquer outro material de papel de uso cotidia xa utilizado en algo novo. E xurdirón os meus animais", explica Mon.

A obra estará na galería ceense ata o 31 de outubro.

 

Novas relacionadas

 

Comentarios