Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mon Lendoiro e Milagros Cotelo unen a súa memoria nunha exposición

Mon Lendoiro e Milagros Cotelo na inauguracion da sua expo no Esutdo garato
Mon Lendoiro e Milagros Cotelo na inauguración da súa expo no Estudo Garabato
Mon Lendoiro e Milagros Cotelo unen a súa memoria nunha exposición

Numeroso público quixo acompañar o pasado sábado aos artistas Milagros Cotelo e Mon Lendoiro na estrea da súa exposición PROCREAR M2 no Estudo Garabato. Os dous artistas, aos que lles une o amor pola arte e as gañas de facer cousas por Carballo, falaron e fixeron un percorrido pola súa traxectoria artística dende a sú primeira exposición individual, pasando pola primeira que fixeron conxunta no 2008 e acabarón na súa ultima feita a principios deste ano "Olladas mariñas”.

Fixeron incapie nos momentos divertidos e anecdotas que xurdian cando realizaban os proxectos e tamén un momento nostalxico recordando ao Poeta Paco Souto, ao pai de Milagros Cotelo e a que fora a parexa de Mon durante mais de 12 anos, Juan Darriba, que por circunstancias da vida xa non estan connosco e eran os seus maiores fans.

Acompando a Mon Lendoiro e Milagros Cotelo

A exposición Procreas (que significa Proceso Creativo Artístico de Milos y Mon) é un repaso completo ás súas obras, un diario con imaxes e debuxos de forma performática e visual un diario onde mostras toda a súa traxectoria dende que naceron ata a actualidade, a través dos diferentes proxecto realizados e así explicar millor ao público a evolución deles. De feito, ambos foron membros fundadores da Asociación Cultural "Crea Formas e Proxectos como derrubando muros, ruar e rir, Miolos, Ponte en Cor, arte na rúa ou Mercarte entre outros moitos o demostran.

A idea xurdíu a través de conversas entre ambos, pensando en convertir a memoria histórica en verdadeira protagonista por diante da propia obra.

A obra pódese visitar no Estudo Garabato ata o 12 de xullo.

Mon Lendoiro e Milagros Cotelo unen historia no Estudo Garabto

Comentarios