Nace o Colectivo de apoio a Palestina-Costa da Morte
26 de agosto de 2025 (08:21 h.)
Ten demostrado a sociedade da Costa da Morte en innumerables ocasións o seu compromiso para co xenocidio do pobo palestino. E volve facelo, coa creación do COAP, o “Colectivo de apoio a Palestina- Costa da Morte”.
A primeira acción que van desenvolver terá lugar o vindeiro sábado 30 en apoio á Global Sumud Flotilla, na que está integrada a Flotilla da Liberdade; sairán unha ducia de barcos de costas españolas, que se unirán aos que partan doutros puntos do Mediterráneo, para tentar levar axuda a Gaza.
A quedada será no monumento ao peregrino de Fisterra, este sábado 30 de agosto ás 11h, portando bandeiras palestinas, e camiñarán ata o Faro, en mostra de apoio.