Laxe arroupa a súa familia palestina

19:39 09/06/25
Nestes días nos que coñecemos o secuestro da Flotilla da Liberdade por parte de Israel en augas internacionais, outro exemplo de como o goberno sionista se salta os límites da lei, a veciñanza de Laxe quixo arroupar a unha familia palestina que vive na vila.
Realizaron unha concentración na praza Ramón Juerga e despois compartiron coa familia o seu apoio á causa do seu pobo, mentres a poboación mundial asiste, calada, a un dos grandes xenocidios da historia.