mércores. 30.04.2025
El tiempo

Carballo e Corcubión entre as citas que non fallan á Xornada Nacional de Mobilizacións por Palestina

Óscar Valadares, Ánxela Gippini e Sami Ashour na Presentacion mobilizacions por Palstina en Galicia
Óscar Valadares, Ánxela Gippini e Sami Ashour na Presentación das mobilizacións
Carballo e Corcubión entre as citas que non fallan á Xornada Nacional de Mobilizacións por Palestina

O o vindeiro luns, 31 de marzo, a Coordinadora de Solidariedade Galega con Palestina convoca a todo o país a unha histórica Xornada
Nacional de Mobilizacións en máis de 34 localidades galegas. Entre elas, Carballo (ás 20:00h na Praza do Concello) e Corcubión (ás 19:30h na Praza Castelao) non fallarán como dúas das vilas do país máis comprometidas coa causa. 

Cartaz mobilizacions Por Palestina 31 marzo 2025

As manifestacións van convocadas baixo o lema “Galiza con Palestina, contra a ocupación e o xenocidio”. Así o anunciou hoxe nunha rolda de prensa celebrada no salón Rahid do Hotel Eurostars Araguaney de Santiago (sede da Fundación Araguaney-Puente de Culturas). No acto participaron representantes da Coordinadora de Solidariedade Galega con Palestina, Ánxela Gippini, de Galiza por
Palestina; Óscar Valadares, de Mar de Lumes; e Sami Ashour, presidente da Asociación Galaico Árabe Jenin.

A cita servirá tamén para celebrar o  Día da Terra Palestina, onde se conmemorará o vindeiro domingo, 30 de marzo, a folga xeral de 1976 contra o roubo de territorios palestinos. Nesta data, o pobo palestino denuncia a limpeza étnica, o roubo de terras e o estado de Apartheid no que vive desde hai décadas, baixo a ocupación do estado sionista.

“Lamentablemente a pasada semana o estado sionista rompeu unilateralmente a tregua, asasinando a máis de 500 persoas nunha soa noite. Estes crimes continúan contra tendas de refuxiadas, escolas e contra hospitais. Por todo isto, sabemos que a mobilización debe continuar e facemos esta chamada á poboación. Esta é unha demostración máis da solidariedade do pobo galego co palestino, pero a acción social e política deben continuar e a denuncia non vai cesar tras máis de quince meses de traballo” –apuntou Ánxela Gippini–.

Sami Ashour fixo un chamamento desde a comunidade palestina para que a maioría da xente saia a manifestarse o vindeiro luns “por el horror que está viviendo nuestro pueblo en Gaza a manos del genocida Netanyahu y su gobierno”. Sinalou que a
situación en Palestina é “tan dramática e catastrófica” que require destas mobilizacións para que a xente que non está da cordo con este xenocidio saia ás prazas e rúas de Galicia. “Este movimiento no va de política. Cuando un pueblo está condenado a la muerte y a la aniquilación total, Galicia nos ha acostumbrado a que haya respuesta, ya que su gente es solidaria y se manifiesta contra este tipo de catástrofes. Deseamos que todo el mundo acuda a este llamamiento y gritemos todos juntos ¡Basta ya de matar, basta ya de genocidio!” –destacou–.
Ashour lembrou que hoxe mesmo atacaron os talleres mecánicos que arranxaban as ambulancias, xa que non queren que haxa hospitais nin ambulancias que rescaten aos mortos e feridos. “Están matando a la población de la peor forma posible vista en este< siglo. Europa no puede quedarse callada, si los dirigentes miran a otro lado el pueblo no debe hacerlo. Agradecemos a todas las personas que se solidarizan con todos nosotros” –sinalou–.

Pola súa parte, Óscar Valadares destacou que nas mobilizacións feitas ata o de agora, a parte de denunciar a situación do pobo palestino, tamén se denuncia a hipocrisía e a complicidade da comunidade internacional e a impunidade absoluta coa que opera Israel. “Estamos seguros de que se EEUU e Europa non lle deran esa cobertura a Israel non estariamos ante este xenocidio” –asegurou–.

Máis novas do xenocidio

 

Comentarios