luns. 02.06.2025
El tiempo

A Galería Mulleres restaca en xuño á foto-xornalista e artista palestina Fatma Hassouna

Viki Rivadulla, a través da Galería Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía, trae neste mes de xuño a historia de Fatma Hassouna (Gaza, 1999-2025). 
cartel FATMA HASSOUNA Galeria Mulleres Muxia xuno 2025
A Galería Mulleres restaca en xuño á foto-xornalista e artista palestina Fatma Hassouna

Diplomada en multimedia polo Colexio Universitario de Ciencias Aplicadas de Gaza. Traballaba activamente documentando e difundindo fotografías do asedio e xenocidio israelí sobre Gaza. Tamén ofrecía talleres de escritura a crianzas nunha escola do norte de Gaza. 
Nunha entrevista para “Middle East Eye”, Hassouna comentou falando da súa cámara: “Cambia o mundo e deféndeme… Podo documentar as historias das persoas, para que as historias da miña familia tampouco desaparezan coma se nada.”
É protagonista do documental da cineasta iraniana Sepideh Farsi, titulado "Pon a túa alma na man e camiña". O filme relata a invasión israelí na Franxa de Gaza a través da figura desta moza foto-xornalista e o seu inmenso traballo documental. 

Logo do anuncio de que este filme sería presentado no Festival de Cannes, dentro da sección "L´Acid" (Asociación do Cinema Independente para a súa Difusión), Fatma foi asasinada xunto a dez membros dá súa familia por un ataque israelí con mísiles  programados para caer sobre a súa casa familiar, durante un paso máis do xenocidio exercido sobre ou pobo palestino. O ataque ocorreu un día despois de que se anunciase a selección do documental para Cannes polo que durante a cerimonia de apertura do Festival de Cannes, a presidenta do xurado, a actriz Juliette Binoche, rendiu tributo a Fatma . 

“O seu crime foi relatar o xenocidio a través de artigos e fotos impactantes. Algo que un réxime xenocida non pode permitir”, denunciou Francesca Albanese, relatora especial de Nacións Unidas sobre os territorios palestinos ocupados. Ata a data, Gaza foi un dos conflitos máis mortais para os xornalistas na historia recente, con máis de 170 mortos desde 2023, aínda que algunhas estimacións elevan a cifra a 206.

Fatma escribira en redes sociais: «Se morro, quero unha morte ruidosa. Non quero ser só unha noticia de última hora, ou un número máis nunha lista. Quero unha morte que o mundo escoite, un impacto que permaneza co tempo e unha imaxe eterna que non poida ser enterrada polo tempo nin o lugar. »  Fatma foi e segue a ser “os ollos de Gaza”.

13 ANOS DA GALERÍA MULLERES MUXÍA

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios