Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Nace en nas praias de Razo e Baldaio o movemento "Surf&Clean"

Nace en nas praias de Razo e Baldaio o movemento "Surf&Clean"
"Sempre que vaias surfear recolle algo da praia". Este é o lema deste verán da asociación sen ánimo de Surf&Clean que este ano pretende crean un novo movemento colaborativo e de conciencia sobre o importante problema da basura que contén os mares e oceános. David Blanco, presidente da asociación, indica que nos últimos corenta anos produciuse máis plástico que en toda a historia da humanidade. Esta incrible xeración de residuos ten efectos negativos tanto na fauna e na flora mariña como na cadena alimenticia do home. Esta iniciativa acaba de arrancar grazas a colaboración do Concello de Carballo e das escolas de surf situadas ans praias de Razo e Baldaio  (Surf&Rock, Art SurfCamp, 7feet Surfcamp e Raz Surfcamp). A idea é que os surfeiros teñan como hábito recoller algún residuo cada vez que vaian o mar co fin de que este hábito se expanda a outros deportes acuáticos e tamén o resto da sociedade. O longo dos meses de xullo e agosto levaranse a cabo distintas accións como talleres, concursos  fotográficos e incluso a gravación dunha canción.

Comentarios