Venres. 26.04.2024
El tiempo

Nace Xornal da Coruña, o primeiro gran xornal dixital en galego da cidade herculina

portada 0 do Xornal da Coruna
A primeira portada do XornaldaCoruña
Nace Xornal da Coruña, o primeiro gran xornal dixital en galego da cidade herculina

A Coruña e a súa área metropolitana contarán a partir de agora dun novo medio. Trátase de Xornal da Coruña (www.xornaldacoruña.gal), o primeiro gran xornal dixital en galego da cidade e a súa área que abordará a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social desta zona e prestará especial atención aos barrios, aos movementos sociais, medio ambiente e ao patrimonio.

Xornal da Coruña nace, ademais, asociado a GC (www.galiciaconfidencial.gal), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, e de Que Pasa na Costa, o decano dos dixitais comarcais do país e principal referente da información dixital  da Costa da Morte.  Ambos os tres contan cun acordo para intercambiar información e publicidade a través da plataforma Novobanner (www.novobanner.com).

Este novo medio está dirixido e coordinado por Xurxo Salgado e Ubaldo Cerqueiro e conta con diversos colaboradores e firmas convidadas, entre eles, José Manuel Sande (cultura e política), Ricardo Vales (movementos sociais), Alicia Barreiro (sanidade), Xurxo Souto (cultura), Javier López Moríñigo (saúde mental), Manu Sánchez (fútfem), Miguel Barreiro (Dépor) ou Fernando Campos (hockey).


Para máis información podedes poñervos en contacto con redaccion@xornaldacoruña.gal ou chamando aos teléfonos de Ubaldo (637704893) ou Xurxo (630545240)
 

Comentarios