Martes. 12.11.2019
El tiempo

O #25N e outras moitas citas culturais na #AxendadaCostadaMorte

O #25N e outras moitas citas culturais na #AxendadaCostadaMorte
Axenda-Costada-Morte-23-11-2018 A #AxendaCostadaMorte destes 23, 24 e 25 de novembro vén marcada polo programa de actividades da campaña #ennegrocontraasviolencias na que participan os concellos da Costa da Morte, e que culminará cos propios actos do 25N. Ademais, a fin de semana contará, de novo, cunha chea de citas co teatro que se desenvolverán en varias localidades da Costa desde hoxe ata o domingo. Así mesmo, tamén teremos a oportunidade de asistir a outros eventos culturais para resgardarnos da chuvia coma concertos, presentacións, festivais, andainas e... algunha ca outra foliada!

Parte de Meteogalicia: Tempo inestable e choivas

Esta fin de semana permaneceremos, de novo, baixo a influencia das baixas presións, que levarán a un tempo inestable con choivas. Meteogalicia avísanos que o venres os ventos soprarán do suroeste polo que deixarán os ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes e intensos na franxa atlántica.  Xa o sábado, un centro de baixas presións situado no centro de Galicia deixará un día de moita inestabilidade, polo que os ceos estarán parcialmente anubrados, con chuvias probables en calquera punto de Galicia, máis cuantiosas nas provincias da Coruña e Pontevedra. En canto ao domingo, continuaremos de novo na influencia das baixas presións, polo que se agardan ceos parcialmente cubertos con chuvias que comezarán a partir do mediodía pola franxa atlánticas. O vento soprará de compoñente oeste, con intervalos fortes á noite no litoral atlántico. 

Actos polo Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero contra a muller

Globos negros contra a Violencia de Xenero no Ramon Artaza de Muros Onxe o Ramon Artaza de Muros xa conmemorou o 25N lanzando Globos negros contra a Violencia de Xénero no Os escaparates e as redes sociais xa están invadidos desde comezos desta semana pola cor negra. A campaña “En negro contra as violencias” polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero está tendo unha especial incidencia na nosa comarca. Este ano, no que a violencia machista xa se cobrou a vida de 51 mulleres, cinco delas menores de idade, participan nesta campaña os concellos de Carballo, Cee, Camariñas, Carnota, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Mazaricos, Muros, Muxía, Vimianzo e Zas. E son máis de 550 establecimentos os que se unen á campaña, como podedes comprobar no mapa da Campaña. Repasamos o programa de actividades dos diferentes concellos.

Teatro na Costa da Morte

- A fin de semana arranca coa Mostra de Teatro en Malpica. As gargalladas estarán aseguradas coa obra "O caso é ter saúde", de Malasombra Producións -Teatro en Muros o venres coa obra "Language Planning" de Os Quinquilláns teatro. -Segue o programa de Teatro de Outono en Vimianzo coa obra "Tropical", de Elefante Elegante. O sábado, a partir das 21.00 horas na Casa da Cultura. -XXV Ciclo de Teatro de Ponteceso, que trae ao Edificio das Escolas "Castrapo", de Os Náufragos Teatro.

Outras citas culturais de interese...

- Concerto de Habelas Hainas no marco do programa Novembro con Música do Concello de Carballo. -Concerto de MJ Pérez no Casino de Carballo. -Xornadas Micolóxicas Paco Souto en Ponteceso. -Presentación do programa Semana Sen Fronteiras no Casino de Carballo. Ademais do programa, tamén se presentarán as bases dun concurso solidario de micro-relatos, e proxectarase unha curtametraxe dirixida por José Palazón sobre a situación dos menores en Melilla. -A tenda turística Stoupa acolle este sábado a presentación do libro Un lugar. Dúas descripcións de Enrique Lista e Héctor Pose. -Monografías do Allo nas Torres do Allo de Zas coa presentación “Os habitantes do pazos, fidalgos e campesiños”, na que da man dos mellores expertos na materia profundarase na vida cotiá do pazo máis antigo de Galicia. -O Celme Café de Vimianzo acolle este sábado o concerto dos coruñeses Jackie Brown. -Festival de Música Vocal Santa Cecilia de Tella, o sábado en Ponteceso. -Outono en Marcha con Senda nova coa Ruta das Fervedas. -Festa Gastronómica de Santa Catalina, o domingo en Santa Comba. -Foliada do Río Grande, o domingo en Vimianzo, a partir das 17.00 horas.

Exposicións

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Estes días ten a Exposición do naturalista Víctor López Seoane nas Torres do Allo; onde ademais hai a programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición trasna de Teresa Candal durante estes meses de outubro e novembro.
  • Exposición colectiva 'Viento y mar' no Museo de Man de Camelle, mostra na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. Os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos, ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Toda a información debullada na #AxendaCostadaMorte

 

Comentarios