mércores. 14.05.2025
El tiempo

O BNG da Costa da Morte lamenta o esquecemento da Costa da Morte nos orzamentos xerais do Estado

O BNG da Costa da Morte lamenta o esquecemento da Costa da Morte nos orzamentos xerais do Estado
montoro O ministro de Facenda presentou este martes os presupostos xerais do Estado do 2017. Imaxe: LaInformación Cristóbal Montoro, ministro de Facenda e Administracións Públicas, vén de presentar o proxecto de lei dos "Presupuestos Generales del Estado" para o 2017 nos que a Costa da Morte non figura. Ante esta situación, o BNG da bisbarra lamenta este "esquecemento" e critica que o goberno de Rajoy "vilipendia A Galizia coa súa redución dun 33% de investimento para a comunidade, o que dá mostra do peso de Feijóo e da súa submisión". Segundo indican os nacionalistas, este esquecemento súmase á débeda histórica coa comarca e critica que "semella que só se lembran de nós cando padecemos catástrofes de mareas negras e cousas así". Tal e como indican dende o Bloque, estas situacións veñen acompañadas de "moitas promesas e obras", como as do Plan Galicia, que "se perden co vento" e tendo como consecuencia autovía sen rematar, seguridade insuficiente, Paradores sen acabar de construír,..."Estes presupostos non contemplan ningún investimento real específico para actuacións concretas en concellos da Costa da Morte" indican dende o BNG. Camiño de Santiago Os orzamentos inclúen unha partida xenérica para todo o Camiños de Santiago -ainda que non se especifica para o seu treito final ata a Costa da Morte -. Esta partida inclúese no apartado de "reposición e infraestructas e bens destinados ao uso xeral" onde aparece patrimonio arquitéctonico de interes cultural e cascos históricos no que sí figuran varios concellos galegos.  "A Costa da Morte a pesar de contar cunha ampla representación de bens culturais e patrimoniais - algúns cunha proxección de interese xeral para o Estado - e necesitados de fondos para a súa conservación, como por exemplo, conxunto de Faros da Costa da Morte, patriminio arquitectónico relixioso como Santa María das Areas en Fisterra, odeteriorado patrimonio do Mosteiro de Moraime, en Muxía, ou os cascos históricos de Fisterra e Corcubión, novamente fican sen a previsión orzamentaria do Estado" sinalan os nacionalistas da Costa da Morte. Asimismo, o BNG critica que nestes presupostos non se contemplen demandas históricas como o proxecto de rexeneración da ría de Corcubión; mentras que á ría do Burgo se destinan nestes presupostos un millón de euros. Os nacionalistas tamén criticn que quede fóra de investimento a dotación e acondicionamento da senda natural do Camiño dos Faros. "Fronte a isto, por exemplo, o ministerio de medio ambiente destinou para o 2016 investimento para unha senda natural entre Caión e Razo", indican dende o bloque. Tampouco se contemplan fondos específicos para equipar e facer funcional o heliporto de salvamento marítimo de Ruibo - dependente do ente SASEMAR do Ministerio de Fomento - inoperativo por deficiencias de construcción e sinalización. E outro ano máis queda fóra unha reivindicación histórica do BNG como é a dotación dunha base de loita contra a contaminación no porto de Brens, necesaria para asistir e protexer o litoral da Costa da Morte do tráfico marítimo do Corredor de Fisterra, así como o porto refuxio natural do seno de Corcubión/Fisterra. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • BNG Costa da Morte
     

Comentarios