Luns. 04.11.2024
El tiempo

O BNG de Coristanco alega e informa sobre os novos proxectos eólicos

O BNG de Coristanco alega e informa sobre os novos proxectos eólicos
Xuntanza informativa de BNG de Coristanco e ADEGA sobre os eolicos Xuntanza informativa de BNG de Coristanco e ADEGA sobre os eolicos

Despois da presentación de alegacións ao parque do Campelo hai uns días, o BNG de Coristanco, tal e como xa anunciou, presentará tamé as correspondentes alegacións ao proxecto do Bustelo. Tamén o facía ADEGA, que denunciaba a tramitación fraudulenta dun mega parque eólico segmentado en tres partes (O Campelo, Bustelo e Monte Toural) para solventar mellor os impedimentos medioambientais.

Unhas alegacións completas á solicitude de autorización administrativa previa, á declaracion de utlidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente, á autorización administrativa de construción.

A parte de Bustelo, na que refire o BNG coristanqués nesa misiva, constará dun total de 11 eólicos entre Coristanco (9) e Carballo (2), no chamado Monte Bustelo, entre Entrecruces e a Braña Rubia pasando pola zona do río do Sol (Erbecedo).

Alén das múlitples afeccións ambientais patrimoniais que entre as que destacan a ameaza para o humidal de Alcaián, varias especies animais e vexetais vulnerables e/ou en perigo de extinción, afección a hábitats, así como o impacto sobre o patrimonio arqueolóxico, reiteran tamén nas alegacións a posible tramitación irregular dos tres proxectos eólicos en marcha.

Ademais, desta volta, o BNG incide na alteración na calidade de vida que pode supoñer para as poboacións próximas o ruído constante dos aeroxeradores, a falta dunha avaliación ambiental unitaria que valore os efectos sinérxicos non só entre os tres parques en proxecto senón tamén co xa en funcionamento Parque do Castelo.

Xuntanza informativa

Así o informaban este pasado luns durante unha xuntanza informativa que intenta dar resposta á inquedanza social ante estes proxectos e a pouca información que se está a facilitar sobre os mesmos, así como trata de organizar á xente para que sen enfronte legalmente contra esta “aberración”.

Se ben O Bustelo e o Campelo xa están en tramitación, o de Monte Toural aínda está sen saír a exposición pública.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/adega-denuncia-a-tramitacion-fraudulenta-e-a-ameaza-a-flora-endemica-dos-parques-eolicos-de-bustelo-campelo-e-monte-toural/ https://quepasanacosta.gal/o-bng-de-coristanco-enfrontanse-aos-tres-novos-parques-eolicos-que-invadiran-a-comarca/

Artigos relacionados

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Comentarios