sábado. 09.11.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica reúnese co PSOE e acode á manifestación coruñesa por Alcoa

O Comité de Ferroatlántica reúnese co PSOE e acode á manifestación coruñesa por Alcoa
Foto-Rafa Quintans Foto-Rafa Quintáns

Fin de semana completito para os traballadores do Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría-CCHH. Hoxe mesmo, venres 11 de xaneiro, a partir das 17:00h, terán unha reunión na Casa da Cultura co PSOE provincial. Acodirán á reunión, Ángel Mato, portavoz de Industria do PSOE no Senado, Margarita Lamela, portavoz socialista no Concello de Cee e Lalo Insua, coordinador comarcal do PSdeG e alcalde de Corcubión.
De seguido os socialistas manterán unha reunión comarcal na que abrodarán a situación industrial.

Domingo de manifestación

Manifestacion Cig Alcoa Coruna

Ademais, os traballadores das fábricas costeiras desprazaranse á Coruña (hai autobuses para quen desexe ir) á manifestación que a CIG convoca para este domingo 13 de xaneiro, con saídas ás 12:00h dende a Palloza.

Unha manifestación contra o peche de Alcoa, que pide unha solución para a industria electrointensiva de Galicia, unha medida tamén necesaria para as fábricas costeiras.

Dende a CIG lamentan que “o Goberno español e as Comunidades Autónomas, Galicia e Asturias, asumen o programa de desmantelamento e despedimentos das dúas factorías previsto por Alcoa dende que o pasado outubro anunciou o ERE. Diante desta claudicación das administracións, a CIG, de igual maneira que fan os traballadores/as, esíxelle ao Goberno español e á Xunta de Galiza que rectifiquen, non asuman a proposta de peche das fábricas e actúen de inmediato para garantir o futuro dos empregos e da actividade produtiva”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-leva-a-pleno-o-peche-dos-fornos-de-ferroatlantica/  

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios