40 anos de Cocinas Jocar: un relevo xeracional baseado na innovación e na calidade

Eran os anos 80 cando José Carlos González arrincaba nun taller en Gándara, Zas, a primeira fábrica de Cocinas Jocar. Pouco tempo despois, o seu coidado traballo facía que xentes de toda a provincia se achegasen ata o lugar zaseiro a coñecer as cociñas singulares e personalizadas feitas na Costa da Morte. A continua aposta pola innovación e sempre coa premisa da calidade por diante, a empresa conta hoxe con 30 traballadores en 3 centros de traballo: as exposicións da Piolla (Cabana) e A Coruña (na Ronda de Outeiro), e a fábrica no polígono de Bértoa (Carballo).
Este pasado venres, Cocinas Jocar celebraba o seu 40 aniversario. E facíao cunha perfecta representación do relevo xeracional no seu dunha empresa rural: acompañada de clientes, proveedores, pero tamén do cariño de veciños e amigos de Fornelos, onde Jose Carlos e María Elena Cancela teñen a casa familiar, e onde medraron Mario e Diego, hoxe, dende hai case 2 anos, xerentes da empresa.
A xornada de celebración incluíu a presenza do Chef Pau, que nesa máxica cociña de indución invisible fixo un showcooking espectacular.

A historia
Non foi ata 2017-2018 cando o taller se trasladou de Zas ata o Polígono de Bértoa, unha decisión comprometida pero acertada. A día de hoxe xa están ampliando trala compra da nave do lado. “Nós tirábamos máis para Baio, pero non había chan naquel momento, e loxisticamente Vimianzo quedábanos ao lado contrario de onde operamos máis, que sempre foi por Carballo e Coruña”, explícanos Mario.
A principal liña de negocio é a construción de mobles de cociña personalizadas para pequeno promotor propietario particular. “Non facemos 500 cociñas, non temos stock, son sempre a medida”. Pero ademais teñen outra liña que están abrindo traballando para unha empresa que exporta cociñas para restaurantes de grandes cadenas de todo o planeta”.
Condicións de traballo, innovación e comunicación

A innovación é algo que está escrito no adn, é o legado que deixa seu pai, e nesa liña tamén vai a continúa participación en feiras internacionais. Desas visitas sacan ideas, detalles de máxima calidade como esa cociña accesible que se sube e baixa con botóns para persoas en cadeira de rodas; esa cociña para exteriores con todo feito en inox; esa vitrocerámica invisible feita na propia encimera ou esa villa que lanza auga fervendo ou auga con gas que deixou a todo público alucinado, ou
Tamén introducen continuamente melloras tecnolóxicas e de procesos para facelo todo máis doado e seguro, “implantando a industria 4.0”.
Outra da pata da empresa é o benestar laboral. “O máis importante é mellorar as condicións dos traballadores, que ao final é un beneficio mutuo. Se eles están contento van traballar mellor”, relata Mario. “Está máis que demostrado. Xa é a filosofía que nos inculcou o noso pai”.
Todo isto, está apoiado dunha aposta pola comunicación. Foron pioneiros na creación dunha páxina web, e agora xa levan anos coidando as súas redes sociais ao máximo, con contidos profesionais e de calidade. “É unha parte de traballo como outro, como Recursos Humanos. Ao principio intentámolo nós, pero nos decatamos que non é viable, que ten que ser profesional. Non é moi medible, porque non é un produto de consumo diario. Se vendes roupa si que podes notar cambios de venta. Pero vemos os momentos nas redes e ao final acaba vindo. E si que vén xente nos fala a xente do ben que o facemos nas redes, dende que externalizamos o tema das redes”.
Se Diego, aos 31 anos, xa leva 15 na empresa, e Mario, aos seus 35, leva xa 13, pero asume moi ben a responsabilidade. Iso sábeno ben os presidente das Axober, Diego Iglesias, e da Asociación do Polígono de Bértoa, Pablo Rodríguez. Ambos non dubidaron en lanzar as súas redes sobre Mario, unha fichaxe desas que resolve sempre, e que ademais tece vínculos entre ambas entidades.
Agora, co seu pai facendo de subalterno, saben separar o traballo da vida persoal. “Sempre se fala algo, é imposible non facelo, pero sabemos comer en familia sen traer o traballo a casa, e tampouco falamos da casa no traballo”, conta Mario.