O EFA Fonteboa artella un Xantar Solidaria para axudar a Cáritas e Solidariedade Internacional
En común teñen a ONG Egueire e o Centro EFA Fonteboa o fermoso proxecto de formación agraria de dous mozos marfileños. E ambas entidades tamén prantexan unha cita gastronómica para axudar. Egueire artella unha Cea Solidaria para financiar os seus prxectos, mentres que o Centro de Promoción Rural referencia de toda a bisbarra organiza un Xantar Solidario a favor da Cáritas Interparroquial de Bergantiños e Solidariedade Internacional de AIMFR.
O IV Xantar Solidario, trae como lema “O cocido dos nosos lares”, e será o 26 de novembro no propio centro coristanqués. A xornada ademais contará con varias explicacións do proxecto local Sabor Emprendedor, así como outras historias internacionais.
Para inscribirse, confirmar asistencia no teléfono 981 733 051 (Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa).
Novas relacionadas
- A ONG Egueire pide o compromiso da bisbarra cunha Cea Solidaria.
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])