Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Forum Carballo acolle unha palestra sobre o teito do petróleo

O Forum Carballo acolle unha palestra sobre o teito do petróleo
vespera de nada

Este xoves 28, ás 2:000 horas, a Asociación Véspera da Nada, Por unha Galiza sen petróleo, organiza no Forum Carballo unha palestra sobre o teito do petróleo, acadado segundo a Axencia Internacional da Enerxia a mediados da pasada década. E na nosa zona, como en todo o mundo, non podemos manternos alleos a esta realidade, e por iso, e porque por Bergantiños levan tempo pelexando contra os grandes proxectos mineiro, Carballo é o mellor espazo para debatir.

De feito, a sesión tamén tratará un tema de grande actualidade na comarca de Bergantiños durante a campaña electoral: o asunto da planta de Biodiesel que se quere instalar nun ou en varios concellos da comarca. O biodiesel vense presentando como unha alternativa sustitutiva do petróleo mais o que non se explica e que a sua tasa de retorno enerxética (TRE) e moi baixa e incluso negativa en moitos casos. Isto quere dicir que para obter unha certa cantidade de enerxia a traves do biodiesel precisase consumir unha cantidade maior (TRE negativa) de enerxia ou similar co cal a súa rendabilidade é nula o case nula dende o punto de vista enerxetico. Cal é enton o beneficio que se obtén dunha planta de biodiesel e quen o leva é algo que ainda non foi explicado nin sequera plantexado.

Dende Véspera consideran que chegar ao teito do petróleo “levará o colapso da civilización industrial nos proximos anos cambiando as nosas vidas de xeito radical”. E aí, a través de dous destacados membros do movimento peak oleiro en Galicia e no estado español como Xoán R. Doldán García (profesor de Economía da USC e editor da “Guía para o Descenso Enerxético”) e Manuel Casal Lodeiro (Consultor en proxectos de internet e ciberactivista), organizan estas charlas.

Na palestra falarase da imposibilidade de sair desta crise segundo as clasicas receitas capitalistas de crecemento infinito. A civilización industrial, da que somos coetáneos, foi posible pola presenza de inxentes cantidades de enerxia fósil barata. Co esgotamento do petroleo, ou máis ben co esgotamento das reservas mais accesibles e o grande encarecemento da enerxia que se producirá nun futuro, faraa inaccesible á maioria da poboación.
O grande pilar sobre o que se sustenta o capitalismo; o crecemento económico infinito, bate de fronte coa realidade dun planeta terra de recursos finitos. Recursos fósiles case esgotados, pero tamen recursos tan básicos como a auga e demais recursos naturais esquilmados e en grave perigo polo crecemento infinito ao que aboca o capitalismo. Dicia Stephen Hawking hai pouco que a humanidade estaba condenada a extinguirse en cen anos se non atopaba outro planeta ó que ir vivir. Nós pensamos que aínda é posible salvar a terra pero haberemos de levar a termino un cambio de conciencia radical. O futuro será local ou non será.

Con proxección

A maiores da palestra e que non está especificado na nota adxunta, proxectarase un documental de animacion promovido polo Post Carbon Institute e traducido recentemente ó galego grazas á labor da Asociación Vespera de Nada e titulado ”There is no tomorow” e que na súa parte final, e a pesares do seu desesperanzador titulo, deixa ver na súa parte final que existe un futuro despois do petroleo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios