Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O GDR financia com máis de 660.000 euros once proxectos na Costa da Morte

O GDR financia com máis de 660.000 euros once proxectos na Costa da Morte
GDR Costa da Morte Axudas A xunta directiva do GDR Costa da Morte, presidida por Manuel Muíño, acaba de dar a coñecer a proposta de proxectos presentados ata o pasado 31 de marzo para as solicitudes de axuda. No ámibito de proxecto productivos seleccionaron seis proxectos que ascenden a un investimentdo de 1.527.128,10€. A axuda concedida en total é de 509.070,70€. Entre eles están unha casa de turismo rural en Freán, San Mamede, Carnota (o orzamento ascende a 381.271,50€, e o importe da axuda sitúase nos 135.732,65€); o comercio rural "Casa Xalleiro de Lago", en Lago-Mazaricos (o orzamento ascende a 8.556,22€, e o importe da axuda sitúase nos 3.011,79€); a instalación dunha carpitenría metálica no parque empresarial de Vimianzo (o orzamento ascende a 474.654,30€, e o importe da axuda sitúase nos 165.179,70€); a modificicación de flitchs de madeira para pezas de alto valor engadido en Buxán, Coristanco (o orzamento ascende a 34.204,55€, e o importe da axuda sitúase nos 11.355,91€); a instalación dunha carpitería de madeira no parque empresarial de Carballo (o orzamento ascende a 246.425,37€, e o importe da axuda sitúase nos 78.856,12€) e mellora dunha empresa de vidro instalada no parque empresarial de Cee (o orzamento ascende a 382.016,28€, e o importe da axuda sitúase nos 114.934,53€, e tamén queda na lista de agarda con 7.310,68€). En canto aos proxectos non productivos de concellos están a climatización do auditorio de Baio (o orzamento ascende a 20.121,42€, e o importe da axuda sitúase nos 16.016,65€), a renovación da iluminación interior para a mellora da eficiencia enerxética do Centro de Interpretación de Buño (o orzamento ascende a 43.051,87€ e o importe da axuda sitúase nos 33.236,04€); e a mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública do casco histórico-artístico de Corcubión (o orzamento ascende a 48.778,73€, e o importe da axuda sitúase nos 37.462,06€). O investimento total destes tres proxectos ascente a 111.952,02€ e a axuda concedida 86.714,75€). A xunta do GDR tamén aprobou dous proxectos non productivos de asociacións que supoñen un investimento de 149.849,01€ e a axuda concedida 71.978,18€. Entre eles están o centro de investigación, capacitación e promoción apícola (Cicapis) en Feiranova-San Roque, en Coristanco (o orzamento ascende a 46.724,01€ e o importe da axuda sitúase nos 38.000,00€) e a formación dual acreditada para persoas con discapacidade en A Brea, Carballo (o orzamento ascende a 103.125,00€, e o importe da axuda sitúase nos 33.978,18€). En lista de agarda quedaron outros 15 proxectos productivos e 1 non productivo de asociacións. E por diversos motivos excluíronse 15 proxectos. Fonte    

Comentarios