![]()
O próximo 13 de xuño, ás 18:30 horas, o centro sociocultural de Baio acolle a 2ª xornada sobre o Desenvolvemento Territorial na Costa da Morte que leva por título "Posta en valor do patrimonio natural e cultural". Esta actividade, organizada polo GDR Costa da Morte, intégrase dentro dun programa enfocado a promover desenvolvemento territorial, tratando de poñer en valor os recursos e oportunidades que hai no territorio.
A semana pasada xa se realizou a primeira das xornadas que levaba por título "Emprego e Desenvolvemento Territorial a partir das Producións Agro – Gandeiras". As outras tres xornadas que forman parte do programa trataran sobre diferentes recursos e oportunidades do territorio, tales como o patrimonio natural e cultural; o aproveitamento do monte e o turismo.
A entrada é libre e gratuita e é necesario confirmar a asistencia no número de teléfono 981 71 73 58 ou no enderezo electrónico
gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com.
Programa
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- GDR Costa da Morte