Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O lobo paga coa súa vida a irresponsabilidade da Xunta

O lobo paga coa súa vida a irresponsabilidade da Xunta

Moi grave é a denuncia que vén de facer a Asociación Coordinadora Protectoras Pontevedra (ACOPO). O seu Secretario, Miguel Mosquera, vén de denunciar que a “autorización de batidas ao xabarín onde a Xunta ten localizados lobos, ten como consecuencia a desaparición de grupos familiares completos”. Así o afirma tras comprobalo persoalmente, durante un seguemento que lle estaba a facer a dn grupo familiar cun final tráxico. Unha situación que se deu na provincia de Pontevedra, pero que perfectamente puido terse dado (e de seguro xa o ten feito) nos montes da Costa da Morte.


”A irresponsabilidade da Xunta”

Aseguran que os membros de ACOPO presenciaron por terceiro ano consecutivo está “práctica “legal” de batidas encubertas ao lobo, na época na que a especie é máis vulnerable ao ubicarse nun lugar fixo criando aos cachorros”.

Denuncian que “en anos anteriores durante o seguimento de grupos familiares de lobos, presenciamos en directo batidas autorizadas pola Xunta supostamente para o xabarín, que se desenvolveron milimetricamente no lugar onde estaban criando os lobos (a lobagueira), cando son máis vulnerables. Sempre tendo coñecemento a Xunta de que os lobos estaban nese lugar, o cal é máis grave, e sen que houbera ningún funcionario público velando porque a cacería non afectase ao lobo e se desenvolvera dentro da legalidade. O resultado é que os lobos desaparecen ben sexa por accións directas ou indirectas dos cazadores e propiciado pola administración galega”.

Apuntan ademais que “O ano pasado un grupo familiar afectado estaba sendo seguido cunha coleira GPS de radiomarcaxe nun estudo da Xunta de Galicia pagado por todos, supostamente para preservar a especie. Que tivese a administración localizado exactamente onde estaba o grupo non serviu para evitar unha desfeita e a desaparición completa desa manada que hoxe, un ano máis tarde, segue completamente desaparecida da zona”.

Novo censo do loboo

ACOPO recorda que “este ano a Xunta está facendo un estudo para actualizar o censo do lobo en Galicia. A día 6 de setembro, puidemos presenciar como unha batida autorizada se levaba a cabo exactamente nun lugar onde se tiña coñecemento, por dito estudo, que estaban 3 lobos adultos e 5 lobatos. A batida tivo como consecuencia que os cans colleran a un lobato, e os lobos adultos tiveran que fuxir para salvar a vida deixando atrás e a mercé dos cazadores e cans, aos lobatos. Algo que a Xunta debería ter evitado”.

A entidade pontevedresa estuda a posibilidade de presentar unha denuncia ante a Comisión Europea e ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Máis vídeos naturais

Fonte

Comentarios