![oficina-emprego-cee]()
A 31 de maio había máis de 7.400 persoas da Costa da Morte no paro
O número de desempregados rexistrados nos distintos municpios da Costa da Morte reducíronse ata as
7.412 persoas, segundo os datos publicados onte polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Con respecto ao mes anterior, son máis de 200 persoas as que conseguiron un traballo ao longo do pasado mes de maio. Con respecto a maio do 2017, hai máis de 1.100 parados mesnos.
Por concellos destaca o de
Carballo, no que 46 veciños e veciñas obtiveron un novo emprego. Séguelle o de
Camariñas, con 35 novas incorporacións ao mercado laboral. Na parte oposta están os concello de
Corcubión e Malpica nos que se rexistraron 3 e 2 parados máis repectivamente.
Por comarcas, destaca a de
Bergantiños na que a 31 de maio había un total de 4.730 persoas sen emprego. Séguelle Fisterra con 1421; Soneira con 989; Muros con 728 e Xallas con 663.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)