Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os grupos comarcais do PSOE califican de “tomadura de pelo” os Orzamentos estatais para a bisbarra

Os grupos comarcais do PSOE califican de “tomadura de pelo” os Orzamentos estatais para a bisbarra
Juan Carlos Canosa e o coordinador do PSOE Costa Atlantica O camariñán Juan Carlos Canosa é o coordinador do PSOE na Costa Atlántica

Como fixo a semana pasada o BNG, as coordinadoras comarcais da Costa Atlántica e Bergantiños veén de denunciar a casa inversión do Estado prevista nos orzamentos Xerais para a zona.

O coordinador comarcal do PSdG-PSOE da Costa Atlántica, Juan Carlos Canosa, sinala que estes Orzamentos xerais son “os peores dos últimos anos”, cunha baixada de máis do 24% na provincia cando, segundo o Goberno, “xa se poden notar as melloras da economía despois da crise económica”.

“Estes recortes afectan especialmente a comarcas con moita poboación envellecida e vencellada ó mar, como é o noso caso”, afirma Juan Carlos Canosa. “A situación desta comarca non fai máis que empeorar: cos problemas en transportes, a escasa inversión industrial...” se queixa o camariñán. Afirma que ó Partido Popular parece non importarlle a Costa da Morte, xa que nin nos Orzamentos do Estado nin nos da Xunta saíron moi ben parados os concellos da comarca, condenando, como di o coordinador, “a seguir a rebufo doutras comarcas, sempre esquecidos”.

Polo norte, o coordinador comarcal de Bergantiños, Sindo Rama, cos mesmos argumentos que os veciños do sur, considera que é “case nula” a inversión do Estado prevista nos Orzamentos Xerais na comarca.

Deste xeito, o Grupo Parlamentario Socialista en Madrid xa avanzou que presentará unha emenda á totalidade do Proxecto, incorporando as emendas que están sendo enviadas durante estes días dende as agrupacións municipais. Entre elas, proporán a inclusión dunha dotación para a adquisición dun novo helicóptero de salvamento.

Novas relacionadas

Fonte

  • PSdG.

Comentarios