Xoves. 22.08.2019
El tiempo

O Sofán expande a súa dimensión social coa integración sociodeportiva da familia de Aspaber

O Sofán expande a súa dimensión social coa integración sociodeportiva da familia de Aspaber
Presentacion no Carral do Sofan-Aspaber-Foto-Luis Gonzalez Presentacion no Carral do Sofan-Aspaber-Foto-Luis Gonzalez

Fixo realidade un soño a SD Sofán, de darlle unha dimensión máis social ao club, e abrir as portas a traballar con colectivos diversos como Aspaber. E o vivido este pasado sábado no Carral foi algo tremendamente especial. Dous equipos como o Sofán Aspaber e o Depor da Liga Genuine demostraron que o deporte é unha ferramenta valiosísima para a integración.

Numerosas autoridades non quixeron perder a cita, de ver aos rapaces dos dous equipos, disfrutando do fútbol e aproveitando o traballo de inclusión e integración social das famlais vermella e branquiazul. Compartiron, ademais dunhas boas patadas ao balón, uns pinchos de confraternidade.

As cores do Dépor estiveron moi presentes no Carral, pois moitos familiares quixeron traer varias pancartas para animar aos seus.

Sofan Aspaber e Depor da Liga Genuine no Carral-Foto-Luis Gonzalez Sofan Aspaber e Depor da Liga Genuine no Carral-Foto-Luis Gonzalez

Orgullo social

Moito orgullo ademais en Carballo, onde os socios do club cada día se indentifican máis con todo o que hai detrás dese escudo. Quen o diría aló por 2010, cando aquel pequeno club de parroquia competía pola zona media da Liga da Costa, mesmo sen equipos de canteira. Agora, a SD Sofán conta cib 223 fichas entre 12 equipos de todas as categorías, ademais da recén estreada, categoría Genuine.

O club seguirá traballando, como o vén facendo nos últimos meses, en adestramentos co cadro de Aspaber, ás "ordes" de Matías Navarrete, xogador do primeiro equipo, e Mariana, a psicóloga. Buscarán, ao non haber ningunha liga, amistosos con outros equipos da provincia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-sofan-aspaber-a-familia-do-carral-diversificase/ https://quepasanacosta.gal/aspaber-40-anos-como-entidade-fora-de-serie/

Comentarios