Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Opositar en tempos de confinamento: "Un soño que podía ser realidade"

Logo de que por fin a Conselleira de Educación se decantase por adiar as oposicións galegas ao 2021, Mary Trillo Grille necesitaba escribir e compartir con todxs a situación á que se enfronta.
Mery Trillo opositora costeira
Mary Trillo, opositora costeira
Opositar en tempos de confinamento: "Un soño que podía ser realidade"

”Un soño que podía ser realidade”

Comecei a prepararme para opositar por unha praza para Mestra de educación infantil en setembro do ano pasado por primeira vez; foi un cambio brutal xa que "iba a por todas" e puxen os meus 5 ou incluso 6 sentidos no estudo.

Así as noites de saídas cos amigxs apartábanse a un segundo plano, deixaron de existir os festivos e as semanas de traballo eran de luns luns.

Por fin superaba o Ecuador do curso ata que "un becho extraño" se interpuxo nesta andaina.

Comenzamos a ver cómo se aprazaban ao ano que ven as convocatorias de oposicións de todas as comunidades excepto unha: Galicia.

Existía a esperanza polo que aquí comezou un "momevento social" a través das redes no que o colectivo docente se divideu en dous bandos: os que querían a convocatoria e os que reclamaban o seu adiamento.

Máis alá dunha ou outra posición chegou un momento no que realmente me pareceu moi triste o que os meus ollos estaban a ver nas diversas redes: insultos, chamamentos a personaxes coñecidos co fin de alzarse, represións para expresarse... E en todo caso os e as protagonistas éramos nós: Docentes.

O único que fago é preguntarme como podemos educar se nós mesmos carecemos dese armamento tan poderoso; a educación.

Está claro que nos movemos por intereses, ninguén quería poñer en risco a súa saúde e polo visto as condicións sanitarias actúais non son as axeitadas para a celebración das oposicións; ademais de que o principal agora mesmo é rematar con esta pandemia.

Pero, e no caso da selectividade?

E no caso de que o alumnado e profesorado volva ás aulas xa a finais de xuño?

É moita a frustración contida, incerteza... neste caso falo dende a miña voz de opositora pero tampouco son menos os autónomos, xente que foi ao paro, os nosos maiores, sanitarixs que seguen con contratos precarios...

Con todo, moito ánimo a toda a xente que nos tocou vivir esta situación! Debemos buscar tempo para nós e despexar así a mente, eu escapo parte do meu tempo libre ao deporte. De feito dende o equipo de A.D. Media Ducia de Carballo moitas xa escalamos ata o Burj Kalifa que ten 2909 escalóns, entre outras actividades deportivas.

Seguiremos #quedandonacasa.

  • Mary Trillo Grille.

Comentarios