Os alumnos do EFA Fonteboa viaxan a Francia para comprobar a necesidade do asociacionismo no rural
En marcha se poñen, un ano máis, os alumnos do Centro de Formación Rural EFA Fonteboa cara Francia. Os mozos do centro coristanqués partirán este venres 23 de marzo ás 10:00h e estarán polo norte da península e por Francia ata o vindeiro venres 30.
Poderán facer unha ducia de visitas técnicas, demostrando que este é un exemplo para a creación de novos centros formativos no sur da bisbarra (Mazaricos sería un lugar idóneo) con esta visión práctica e apoiada na realidade social.
A primeira parada será un Huesca, na Finca San José, para continuar cara La Guyonnière, na rexión dos Payses de la Loire. Alí poderán coñecer de preto o funcionamento interno das CUMAS (tipos, investimentos, organización dos traballos, etc), para descubrir a importancia da comunicación entre os agricultores a través das diferentes estructuras asociativas (GAEC, CUMAS, GEDAS, GIES, ...). Ademais, poderán analizar a evolución e tendencias da actividade agraria na rexión nas diferentes producións (leite, carne, horticultura e producións hor-sol), valorar os sistemas de producción sostibles (economía, medio ambiente e sociedade), coñecer o posicionamento dos profesionais do sector agrario ante as reformas da Política Agroalimentaria da Unión Europea, e reflexionar sobre a ordenación do territorio e o rol estratéxico da agricultura nas zonas rurais.
Nas visitas trataranse temas como "Iniciativas sobre valorización das producións agrarias (transformación das producións en orixe, sistemas de venda alternativos, etc)" e poderán facer un educativo "Intercambio de experiencias cos agricultores da rexión sobre as expectativas da agricultura atlántica no horizonte de 2013 (Reforma da PAC, reinvindicacións da PAAC, etc)".
Ademais, analizarán os sistemas de Organización do traballo nas explotacións de leite francesas, así como os investimentos de maquinaria e calidade do traballo nas explotacións, e outro punto que pode ser fundamental para o sector gandeiro na Costa da Morte: "Actividades complementarias á producción de leite: produccións especializadas e intensivas, exemplos de diversificación, produccións con denominación específica, etc".
Máis información
Novas relacionadas
- Os alumnos do EFA Fonteboa beben leite galego.
- Turismo de granxa: Da importancia de diversificar a nosa economía.
- Os alumnos do EFA Fonteboa aprenden novas vías de desenvolvemento rural en Francia.
Máis novas
- Un sol que seca.
- Cal é o horreo máis longo de Galicia?.
- Manuel Lema, o nome e o apelido máis frecuente na Costa da Morte.
- A canto sae un ferrado na Costa da Morte?.
- Estudio do Centro Fonteboa: Na Costa da Morte chove máis dun tercio dos días.
- Lorena en Verde: A dieta da… carne.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).