Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Sala Xallas, vangarda de ocio

ActuaciOn de Los Seiko na Sala Xallas
Actuación de Los Seiko na mítica Sala Xallas
A Sala Xallas, vangarda de ocio

Esta fin de semana está o bo de Pepe de Olegario, cos seus mapas de naufraxios, no Mercado La Galiciana de Santiago de Compostela. Un concepto moderno de disfrutar a gastronomía, con diferentes ofertas onde mercar a comida, e un espazo común onde degustala, que está triunfando nas principais capitais do estado, como vemos en exemplos tan innovadores como o Mercado da Cebada madrileño, ou o xa máis explotado turisticamente Mercado de San Miguel.Posavasos de La Calle de Cristal

Pero na Costa da Morte houbo un caso semellante. Primeiro en Laracha, e chamábase “La Calle de Cristal”. Antes de convertirse en puro centro discotequero, era un centro de ocio do máis completo. Era unha nave con teito de cristal (como o mesmo Marineda pero en plenos anos 80-90) con 14 locais, catro pubs, discoteca, kiosko, coctelería, restaurante, bodegón, pulpería, cafetería, croissantería, hamburguesería e cervecería. Polo medio, unha reprodución dunha rúa, cos locais polas beiras.

Facían concertos de éxito como Siniestro Total, Loquillo, Barón Rojo ou bandas máis locais como os Trámites de Carballo, que aquí vemos:

A Sala Xallas, pioneira en Santa Comba

A saida da Pista Jallas

Despois, xa entrados os anos 90, sucedeu algo semellante en Santa Comba pero, como non podía ser doutro xeito, en exclusiva para a “movida”. Era a Sala Xallas, herdeira da mítica Pista Jallas, e Jema-2000, sala de festas que durante os anos 70 foi toda unha referencia na comarca.

Ana Kiro de concerto na Sala Jema 2000 de SAnta Comba en 1974

Os propietarios, entrados os 90, vendo como ía decaendo o tema das salas de festas, en vez de pechala, montaron un proxecto innovador, o xérmolo da “calle dos pubs” de toda a vida, pero a cuberto.

Xuntaron 6-7 pubs, cada un cunha temática, música e ambientes distintos para ampliar a oferta. Eran tempos de Rock, da Acid House, música caribeña, salsa… e na Sala Xallas había para todos os gustos.

Non durou moito tempo. Os propietarios, uns anos antes, xa montaran na discoteca Galaxia, unha pista de verán o aire libre importando as modas ibicencas.

En todo caso, o que si se mantén é a fachada, do edificio, igual que a da sala Galaxy. Son dous estilos de decoración moi galáctico-industriales moi típicos en parques temáticos como a Warner ou Port Aventura.

Comentarios