Xoves. 25.04.2019
El tiempo

Os percebeiros de Muxía estréanse no cine

Fotograma Entre la ola y la Roca de Manuel Logar
Fotograma Entre la ola y la Roca de Manuel Logar
Os percebeiros de Muxía estréanse no cine

Esta fin de semana a Costa da Morte terá a oportunidade de vivir unha estrea moi especial. Tanto o venres, en Cee, como o sábado en Corcubión, a bisbarra vivirá a estreada película documental “Entre la Ola y la roca” de Manuel Lógar.

Unha obra que parte do día a día dos percebeiros e percebeiras de Muxía traballando na tempada de nadal, para indagar na relación entre o home e o mar, o home e o seu entorno, cunha clara óptica medioambiental ollando ao negro pasado do Prestige.

O filme anda de circuito por festivais de todo o mundo (SEMINCI de Valladolid, Ourense IFF, CineMed de Montpellier, Cineuropa de Santiago, Construir Cine de Buenos Aires, Atlántida Film Fest, MôTiF de Alaska, IndieCork de Irlanda, PerSo Perugia de Italia ou Curtas Vilagarcia entre outros), e a estrea en Galicia, e outras cidades da península, de forma auto-distribuida por Cormorán Cinema, é este venres 22 de marzo.

Estrea en Cee

Poster entre la ola y la roca

Estrearase en cines da Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo, A Estrada, Viveiro, Madrid, Valencia… pero sen dúbida, a presentación máis especial será os Cines Xunqueira de Cee.

Fragmentos e coloquio en Corcubión

Este vindeiro sábado 23 de marzo, a Casa da Cultura de Corcubión (a Capela do Pilar queda pequena) acolle unhas importantes Xornadas sobre a xestión do noso mar e o noso monte. A Asociación Boca de Sapo prepara un completo programa de mañá e tarde, que servirá para aprender de experiencias pioneiras en ambos sectores.

A cita contará coa presencia do director Manuel Lógar, que escollerá unha serie de fragmentos sobre o documental e terá tempo para charlar con todos os asistentes sobre o filme. Seguro que entra en detalle do día a día que viviu cos percebeiros de Muxía.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios