Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corcubión prepara as potentes Xornadas sobre o Mar e o Monte

Xornadas do Mar e Monte en Corcubion
Xornadas do Mar e Monte en Corcubion
Corcubión prepara as potentes Xornadas sobre o Mar e o Monte

Despois do máis que interesante encontro entre sectores do monte galego, a entidade Boca de Sapo prepara unhas importantes Xornadas sobre desenvolvemento sostible do monte e do mar. O sábado 23 de marzo, a Casa da Cultura de Corcubión acollerá unha cita completa.

Pola mañá, as Xornadas centraranse no monte. Serán Rosa Arcos, da Federción de Asociacións de mulleres rurais de Galicia; e José Manuel Iglesias, da comunidade de montes de Carballo-Friol, os que abran a xornada a partir das 10:30.
Despois da pausa toca falar de recursos do monte, como a Castaña, da man de IXP Castaña de Galicia, ou das razas autóctonas de Galicia, da man de BOAGA e Asoporcel.

Pola tarde, a partir das 17:00h toca falar das loitas do mar. Luís Rodríguez, da Asoar Armega falará da pesca artesanal. Rita Míguez da Asociación de Mulleres de Pesca ANMUPESCA porá a voz das mulleres, e Ricardo Martínez Vidal, da Sociedade Cooperativa Galega Arpemar falará do cooperativismo no mar.

Xornadas Corcubion mar e monte

Novas relacionadas

Comentarios