Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O PP comarcal critica a inoperancia do alcalde de Muxía como presidente da CMAT

FOTO COMARCAL PP COSTA DA MORTE
O PP comarcal critica a inoperancia do alcalde de Muxía como presidente da CMAT

Os populares de Bergantiños e Costa da Morte mantiveron este venres unha reunión en Laxe, con presencia do presidente provincial do Partido Popular da Coruña, Diego Calvo. A meirande preocupación que lle trasladaron é a “deixadez”, “inoperancia” e “irresponsabilidade” do alcalde socialista de Muxía Iago Toba, á fronte do CMAT. O ente público-privado do sector turístico da comarca leva meses atascado en algún caso pola falta dunha simple sinatura dixital. “Nin sequera paga o que deben ás empresas colaboradoras e si retrasar proxectos pendentes moi importantes para a zona”, denuncian os populares.

“Estamos saíndo dunha situación durísima para o sector turístico, e entre todos temos que fomentar que veña xente a esta zona. Se nós mesmos non somos capaces de traballar desde a CMAT, mal imos”, aseguraron os populares, que coinciden sen excepcións en denunciar a “nefasta xestión” dos representantes do PSOE nesta entidade.

En canto ao proxecto dos Camiños dos Faros, todos os representantes do PP nas comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte mostraron a súa vontade de traballar na mesa dirección para lograr a homologación da ruta, a pesar de que no Parlamento siga estancada a mesa de traballo aberta hai máis de 6 meses.

Comentarios