Sábado. 20.04.2024
El tiempo

QPC mellora a usabilidade na web e nos móbiles con Deindo Ideas

QPC mellora a usabilidade na web e nos móbiles con Deindo Ideas
Imaxe de Que pasanacosta en pdf Seguro que xa o tendes notado, pero unha vez rematados todos os cambios, tiñamos que dar conta dos bos resultados. Levabamos tempo con problemas técnicos pero gracias ao traballo de Deindo Ideas, a empresa pontecesá, cremos que xa está perfectamente presentable. Os nosos máis de 3.000 visitantes diarios, e máis de 12.500 usuarios únicos semanais xa poden consultar todas as novas novas sen ningún atranco, ler as nosas #FirmasQPC, pinchar nos nosos banners publicitarios (fundamental para a supervivencia do diario) e navegar polo noso menú de categorías. Ademais, temos perfeccionado moito a nosa visión no móbil, optimizando a versión responsive da web, tendo en conta que a día de hoxe xa 3 de 4 visitas ao diario chegan dende o móbil. Version mobil de QPC Versión móbil de QPC En todo caso, non paramos, e as novas melloras nas que xa pensan os compañeiros de Deindo Ideas rondan arredor do Fútbol da Costa… Xa vos contaremos!  

10 anos na rede

Este 2017 é moi especial para nós, pois facemos 10 anos na rede. En xullo de 2007 publicabamos as primeiras novas facendo do hiperlocal o máis importante, e ao longo do ano intentaremos facer algún evento.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios