Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Rede de FP Dual espállase entre empresas e alumn@s coa axuda dos ADL

fp dual xuntanza adl
A Rede de FP Dual espállase entre empresas e alumn@s coa axuda dos ADL

Este xoves tivo lugar unha reunión no IES Fernando Blanco entre o responsable de dinamización de FP Dual na Costa da Morte e os técnicos municipais. Unha xuntanza na que Ricardo Lema deu coñecer a Rede galega de dinamización da FP dual (REGADual) ós técnicos municipais das áreas de promoción económica e emprego da zona (Concellos de Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Vimianzo, Zas, Dumbría, Mazaricos, Carnota, Muros e Outes) para tratar sinerxías de colaboración.

Fundamental se presenta a colaboración entre administracións tanto na difusión da FP Dual nas empresas e mesmo nos posibles alumnos, para poder implantar novos ciclos de FP Dual e manter os ciclos ordinarios.

A Rede traballará no maior achegamento entre a Formación Profesional e as empresas, de xeito que se atendan as necesidades de persoal cualificado dos diferentes sectores produtivos e se favoreza a mellora da competitividade e o desenvolvemento do noso tecido produtivo, e a Industria 4.0. As funcións do responsable de dinamización de FP dual son as seguintes:

  • Facer prospección de empresas. Percorrer o tecido empresarial do ámbito de actuación do centro para explicar e difundir a FP dual e determinar as necesidades das prazas de FP dual nos distintos sectores produtivos.
  • Atender as necesidades das empresas, dando a coñecer os perfís profesionais axeitados en cada caso e fomentando o achegamento das empresas aos centros educativos.
  • Atender as necesidades dos titores e as titoras dos centros de traballo e dos centros educativos no desenvolvemento das súas funcións.
  • Divulgar a FP dual entre o alumnado doutros niveis educativos, para o que contarán coa colaboración dos centros nos que se impartan estas ensinanzas, co fin de favorecer a orientación vocacional e profesional.
  • Asesorar a todos os actores participantes nos proxectos de FP dual de cara á realización dunha xestión de calidade.
  • Formar e informar eses actores e realizar outras actuacións relacionadas coa FP dual.

Comentarios