As Redeiras de Corme e Malpica, protagonistas dos #MestreMateo

Redeiras nos Mestre Mateo

Celebrouse esta fin de semana a Gala dos XX Mestre Mateo. E houbo pouca presencia costeira nesta edición da Academia Audiovisual Galega. Puidemos ver, por exemplo, á vimiancesa Alba Mancebo vestida de longo, ew facendo entrega dun dos premios máis simbólicos da gala, o da Mellor Comunicadora para Ester Estévez.

Alba Mancebo facendo entrega do premio a Esther Estévez

Non gañou Juanma Buiturón, pero si que levou o premio, a título póstumo, Pedro Brandariz polo seu papel principal en Jacinto. De feito, a Gala foi unha rendida homenaxe ao finado actor galego.

Pero as verdadeiras estrellas costeiras da Gala foron as redeiras de Corme e Malpica. Son as protagonistas do Mellor Anuncio Publicitario do ano. O “Redes Vivas”, feito por Metronoventa pars Abanca, recolle a iniciativa sostible de reciclaxe de redes par os campos de fútbol do deporte base de Galicia, e as nosas Rosa, Ángeles e compañía son as grandes protagonistas.

OS MESTRE MATEO