Venres. 04.10.2024
El tiempo

Marta Lado e Xan triunfan nos Mestre Mateo

Marta Lado co premio Mestre Mateo 2021 copia
Marta Lado co premio Mestre Mateo 2021
Marta Lado e Xan triunfan nos Mestre Mateo

Tiñamos unha longa presencia, e non voltamos sen estatuíña da dos XIX Premios Mestre Mateo 2021 que outorga a Academia Galega do Audiovisual. A Costa da Morte volve cun par de premios da Gala celebrada no Teatro Colón da Coruña e retransmitida pola TVG, presentada por Lucía Veiga e acompañada da música de De Vacas.

A Costa da Morte no Mestre Mateo 2021
Marta Lado e Xan, protagonizaron as boas novas. Alba Mancebo (abaixo á esquerda) terá que esperar por un premio, e Marta Doviro fixo de anfitrioa

A gran nova déixanola a actriz fisterrá Marta Lado, que leva o Premio á Mellor Interpretación Feminina de Reparto polo seu traballo en “Ons”, a proposta máis galardoada con 9 premios (Mellor Longametraxe, Morris como Mellor Actor Principal, Mellor Montaxe para Fernando Alfonsín, Mellor Interpretación Feminina de Reparto para Melania Cruz, Mellor Son para Sergio Silva e David Machado, Mellor Dirección de Fotografía para Alberte Branco, Mellor Produción de Dirección para Tamara Soto, Mellor Guión para Alfonso Zarauza e Jaione Camborda).

Boas novas trouxeron tamén ”Xan” e “Amnesia 3.0”, as dúas series gañadoras do premio á produción de proxecto do festival de contidos dixitais Carballo Interplay. Amenia 3.0, a primeira webserie interactiva en galego, e Xan, o proxecto de Lucía Estévez e Miguel Canalejo,

“A Illa das Mentiras”, o filme gravado en Muros e coa ceense Ana Oca como unha das tres protagonistas, levou tamén 5 galardóns (Mellor Dirección a Paula Cons, Mellor Dirección de Arte para Antonio Pereira, Mellor Vestiario para Eva Camino, Mellor Maquillaxe para Patricia Vilela, Mellor Interpretación Masculina de Reparto para Milo Taboada).

Non gañou (xa terá tempo) o Premio á Mellor Comunicadora a vimiancesa Alba Mancebo, pois foi a Rodrígo Vázquez polo “Quen anda aí?”

Tampouco gañou ”Dorothé na vila”, o traballo do carballés Alejandro Gándara e Olaia Tubío (Rois) o premio a Mellor Documental, que recaeu en Nación.

Quedou tamén ás portas de varios premios Lois Patiño coa historia do Rubio de Camelle en “Lúa Vermella”, que estaba nominado á Mellor Longametraxe (foi para Ons), Mellor Dirección (foi para Paula Cons pola Illa das Mentiras), á Mellor Dirección de Fotografía (foi para Alberte Branco en Ons).

Tendes todos os premios no twitter da @ AcademiaGalegaA.

Marta Doviro recibiu

Foi a corcubionesa Marta Doviro, que xa presentara as Nominacións, a que fixo de anfitrioa e deu paso á Gala con esta sesión de streaming nas redes:

 

Novas d@s protagonistas

Os Mestre Mateo

Comentarios