Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fede Pérez, A Nena Azul e Dinosaurio, triunfadores nos Mestre Mateo

A Nena Azul ganadora dos Mestre Mateo
A Nena Azul gañadora dos Mestre Mateo
Fede Pérez, A Nena Azul e Dinosaurio, triunfadores nos Mestre Mateo

Onte se celebrou a Gala de Entrega dos XVII Premios Mestre Mateo, gala da Academia Galega do Audiovisual. Unha gala celebrada no Palacio da Ópera da Coruña, ambientada en clave de ciencia ficción da man de Percebes y Grelos, e dirixida pola brava e versátil Sonia Méndez, a directora do noso Carballo Interplay.

Tiñamos unha ampla presenza costeira entre os finalistas, e se ben a gran triunfadora foi “A Sombra do Rei”, con 10 trofeos, algún si caeu na zona.

Por exemplo, a curta ”A Nena Azul”,dirixida por Sandra Sánchez, de Reira Filmes en produción asociada con Píxel Films e Comunika rodado integramente na Costa da Morte, gañou o premio á Mellor Curta de imaxe Real.

Dinosaurio la Mellor Webserie dos Mestre Mateo

Outro galardón que queda na comarca é o de Mellor Webserie, que recae en Dinosaurio, a serie creada ao amparon do pioneiro festival Carballo InterplayProducións.

No apartado individual temos un amigo gañador, o bo de Fede Pérez levou o de Mellor Actor de reparto pola súa actuación en Trote.

Fede Perez en Trote

Aí quedaron ás portas Marta Doviro como Mellor Comunicadora (gañou Rodríguez Vázquez, do Ti verás); Isabel Blanco (a Mellor Realización por “Pasaporte Galego” caeu en María Liaño pola Sombre do Rei); Xabier Eirías ou María Arochena.

Marta Doviro con Juanma Buiturón no photocall da Gala dos Mestre Mateo-Foto-Leticia T Blanco

Novas relacionadas

Comentarios