Mércores. 05.08.2020
El tiempo

Miguel de Lira e Sonia Méndez triunfan nos Mestre Mateo

Miguel de Lira recollendo virtualmente o Premio Mestre Mateo dende Madrid
Miguel de Lira recollendo virtualmente o Premio Mestre Mateo dende Madrid
Miguel de Lira e Sonia Méndez triunfan nos Mestre Mateo

E dende Madrid! Miguel de Lira foi o único premio da Costa da Morte na Gala dos Premios Mestre Galego, os “Goya” galegos. O actor liracho, tan galardoado no teatro, triunfou nos premios cinematográficos coa versión levada á gran pantalla de Eroski-Paraíso, levando o de Mellor Actor. Tan ben o fixeron que a súa compañeira de reparto, Patricia de Lorenzo levou tamén o Premio á Mellor Actriz.

A Gala dos XVIII Premios Mestre Mateo, entregados pola Academia do Audiovisual Galega, foi unha demostración de compromiso en clave de igualdade e de defensa dos servizos públicos.

Tan foi así que Miguel de Lira recolleu o seu premio, e o fixo virtualmente dende Madrid, e coa camisola de #DefendeAGalega.

A que si subiu ao estrado foi a coruñesa, carballesa de adopción Sonia Méndez. A creadora e directora do Carballo Interplay levou o Premio á Mellor serie web con “Antes de perder”, de RTVE e Cósmica Producións.

Sonia Mendez nos Mestre Mateo

Os máis premiados

A película "O que arde" foi a gran triunfadora na noite dosao gañar seis galardóns dos doce aos que optaba, entre os que recibiu o recoñecemento á mellor longametraxe e á mellor dirección para Óliver Laxe.
A segunda triunfadora da noite foi a serie 'Hierro', de Portocabo, Movistar +, Arte France e Atlantique Productions, con catro galardóns, o de mellor serie de televisión, mellor dirección de produción para Ana Míguez, mellor guión, e mellor música orixinal para as composicións de Elba Fernández e Xavi Font.

Poden comprobar o resto de premios na web da Academia.

Novas relacionadas

comentarios