As Redeiras de Corme e Malpica, protagonistas dos #MestreMateo

Celebrouse esta fin de semana a Gala dos XX Mestre Mateo. E houbo pouca presencia costeira nesta edición da Academia Audiovisual Galega. Puidemos ver, por exemplo, á vimiancesa Alba Mancebo vestida de longo, ew facendo entrega dun dos premios máis simbólicos da gala, o da Mellor Comunicadora para Ester Estévez.

Non gañou Juanma Buiturón, pero si que levou o premio, a título póstumo, Pedro Brandariz polo seu papel principal en Jacinto. De feito, a Gala foi unha rendida homenaxe ao finado actor galego.
Pero as verdadeiras estrellas costeiras da Gala foron as redeiras de Corme e Malpica. Son as protagonistas do Mellor Anuncio Publicitario do ano. O “Redes Vivas”, feito por Metronoventa pars Abanca, recolle a iniciativa sostible de reciclaxe de redes par os campos de fútbol do deporte base de Galicia, e as nosas Rosa, Ángeles e compañía son as grandes protagonistas.
OS MESTRE MATEO
- 2021: Marta Lado e Xan triunfan nos Mestre Mateo.
- #MestreMateo 20: Miguel de Lira e Sonia Méndez triunfan nos Mestre Mateo.
- #MestreMateo 19: Fede Pérez, A Nena Azul e Dinosaurio, triunfadores nos Mestre Mateo.
- #MestreMateo 2017: Marta Lado e Federico Pérez, nomeados para os #MestreMateo17.
- #MestreMateo 2016: O Moncho mazaricán, máximo candidato costeiro aos Mestre Mateo.
- #MestreMateo 2015: Completa presencia costeira nos Premios #MestreMateo15.
- #MestreMateo 2014: 3 premos para a Costa da Morte nuns Mestre Mateo con sabor a Pico.