Un repaso á actividade do GDR Costa da Morte dende a súa creación

Doble sesión asamblearia a que realizaba este sábado 9 de xullo a Asociación Costa da Morte-GDR. O Centro Sociocultural de Baio acollía estas importantes citas que serviron para facer balance dos últimos anos.
Arrincaba a sesión coa Asemblea Extraordinaria para facer unha pequena modificación dos Estatutos Sociais para adaptalos ao que Agader require nas Bases da medida Leader de Galicia para o período 2023-2027.

Xa na Ordinaria, aprobáronse as contas de 2021 (o total de activo e pasivo recolle un importe de 81.069,49€), e 2022 (O orzamento de ingresos e gastos de funcionamento, Promoción e Animación e accións preparatorias EDLP 2023-2027 ascenden a 189.953,94€), ademais do Informe de Xestión do curso pasado.
A directiva repasou os 3 proxectos de promoción e animación que se están a levar a cabo este ano:
- “Marca Terra Atlántica: Territorio – Produto – Calidade”.
- “Difusión de proxectos Leader e promoción do territorio 2022”.
- “Ecocomedores – Km 0 Costa da Morte”
Execución dende 2017
A entidade fixo contas dos cartos que se levan investidos na comarca dende o comezo do seu funcionamento aló por 2017.
- Aprobáronse 80 proxectos (58 Produtivos e Non produtivos e 22 de funcionamento, promoción e animación).
- Inversión acumulada: 9.769.858€.
- Subvención acumulada: 3.935.588,61€
- Empregos comprometidos consolidados: 158,80 UTAs
- Empregos comprometidos creados: 53,75 UTAs
- Empregos creados a maiores dos comprometidos: 26 UTAs.
Convocatoria 2022-2023 de axudas Leader
Agader este ano non publicou o orzamento para cada GDR de Galicia para a convocatoria Leader 2022-2023. Segundo sinala a directiva do GDR, Agader pretende publicar o orzamento por anticipado de gasto a finais de decembro para que sexa unha convocatoria 2023-2024.
Por tanto, as axudas do Leader seguen abertas todo o ano e todos os proxectos que se presenten concorrerán na convocatoria 2023-2024, polo que calquera promotor que pretenda levar a cabo un proxecto pode presentalo ao largo de todo o ano, sempre antes de iniciar as inversións.
Portas abertas
Tal como se reflexa na filosofía LEADER e na forma de traballar dos GDRs, lembraron que o GDR está aberto a novos socios que queiran asociarse á entidade e traballar todos en conxunto polo desenvolvemento deste territorio, traballando co principio de “Portas Aberta”.