Martes. 16.04.2024
El tiempo

As retransmisións de #QPCtv esperan tempos mellores

Equipo de QPCtv no Cairo
Equipo de locutores de #QPCtv nunha das retransmisións
As retransmisións de #QPCtv esperan tempos mellores

En outubro a Costa da Morte vivía o nacemento dun proxecto singular. QPCtv realizaba a súa primeira emisión en directo retransmitindo un partido das Ligas da Costa. Un proxecto con vocación vertebradora, que intenta refrenda a singular identidade e o forte carácter da Costa da Morte, para ensinalo tamén a outras partes do mundo.

QPCtv, a “tele da Costa”, leva recibindo dende o primeiro día grandes apoios tanto a nivel empresarial como municipal, e unha repercusión espectacular con milleiros de usuarios tanto da comarca, como de lugar tan singulares como EEUU, Argelia, o Mar do Norte, Francia, Alemaña, Italia, Suiza, Reino Unido, Russia, Canadá.

Ademais das retransmisións dos partidos do Fútbol da Costa, a “tele da Costa” tamén recolle reportaxes sobre igualdade, educación, natureza, cultura… entrevistas, documentais…

Este Nadal serviu para facer balance dos primeiros meses de actividade. E o proxecto toma un respiro para volver con máis forza. A situación da pandemia, e a incerteza de que haia ou non partido cada fin de semana, obrígannos a tomalo con calma.

Tamén cómpre sinalar que o impacto real das suscricións tería ser maior para manter o nivel das retransmisións dos partidos, un produto marabilloso que seguirá esperando polo compromiso de todo o mundo.

En breve procederemos a poñer a plataforma en aberto, e nos poremos en contacto con tod@s @s suscritor@s para explicar a nova situación. Poderedes comprobar a calidade máxima das emisións e as reportaxes.

Vémonos pronto de volta! #ConéctateáCosta en www.qpctv.gal.

Comentarios