"Saber oficialmente os afectamos que temos en cada parroquia facilitarianos moito aos Concellos saben que medidas tomar"
A Consellería argumenta que non pode ofrecer ningún detalle pola Lei de Protección de Datos, feito inexcrutable, pero moitos responsabiles municipas consideran que información dos lugares onde hai casos positivos podería permitir levar diferentes accións que servisen para dar maior tranquilidade á veciñanza.
Así por exemplo, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua (PSOE), recoñece que “todas estamos igual, sen saber nada cando necesitamos información dos positivos. Non necesitamos nombre nin apelidos pero, por exemplo, en Arou, tan pronto o soubemos fixemos unha limpieza profunda por todas as rúas e unha desinfección no centro médico. Temos que extremar a limpeza dependendo dos positivos. Non podemos movernos por rumores”, lamenta.
Pola súa parte, Juan Manuel Saborido “Moma” (PSOE), alcalde de Carnota, recoñece que “nestes intres a infomación temos máis ben pouca, a que a diario nos manda a FEGAMP, porque a Xunta a contagotas e moi deslabazada. E sobre os casos positivos ninguén nos comunica nada”. Para el, a situación é “un descontrol porque aínda que apelamos á privacidade das personas, en realidade somos nos quen mantemos e levamos o protocolo da confinamento as personas infectadas... esto non é falta de medios, esto é un descontrol absoluto da Conselleria de Sanidade cos Concellos. Gracias aos profesionais da Sanidade e as forzas de orde públicas, se non isto sería un caos”, sentenza.
O alcalde de Zas, Lolo Muíño (BNG) tamén critica “a falta de información por parte do SERGAS sobre as posibles persoas que deben estar en corentena por ter síntomas ou mesmo os casos xa confirmados, para adoptar medidas, como a recollida de lixo que se fai porta a porta, temos que saben onde hai infectados, se non é imposible tomar medidas. Nós, por exemplo, a raíz de comentarios que fai a xente, pero non porque nos informe oficialmente ninguén, poñemos un contedor para esa casa, que sacan á porta e non usa ninguén máis”.
Explica que “polo menos que llo conten á Policía Local que é a encargada de cumplir o operativo. E xa como veciños, nun concello pequeno que coñecemos a todos os veciños, unha chamada cando menos non viña mal”.
Apunta ademais a necesidade de establecer protocolos claros para os Concellos. “Nós, por iniciativa propia, estamos facendo desinfección de lugares públicos e lugares que están abertos. Outros están facendo desinfección en todas as beirarrúas, pero nós cremos que ese risco é ao final estamos provocando un desastre ecolóxico, porque iso é unha carga de lixivia excesiva para os nosos ríos”. E reitero, non necesitamos saber quen é o da casa, pero onde residen os positivos si que sería importante para nós sabelo”.
Dende Malpica, o alcalde Walter Pardo (PSOE), apunta que “o que máis boto en falta da Xunta de Galicia é a información oficial para saber cantos afectados temos no concello. E non falo de nomes, que pola Lei de Proteccion de Datos sei que non se poden dar, pero aínda así, os corpos de seguridade e tráfico (Policia Local, Gardia Civil...) deberían sabelo para controlalos e saber que se respecta a corentena. Saber oficialmente cantos afectados e saber en que parroquia viven facilitarianos moito as medidas a tomar de desinfección para intensificalas nas zonas donde poida haber mais casos. A saúde é o máis importante que temos e necesitamos saber esa información para tomar as medidas correctas en cada lugar, rúa, zona, barrio ou parroquia. Pelexamos contra unha pandemia e necesitamos unir as forzas de todos para gañar esta batalla”.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez (PSOE), declara que “os Concellos partimos en clara desvantaxe ao non contar con información tan relevante como o é saber os positivos por coronavirus no noso termo municipal. A lei de Protección de Datos debería ser modificada de urxencia para que a coordinación entre o goberno autonómico e nós fose plena. Para máis inri, as accións que levan a cabo tanto forzas de seguridade como corpos de Protección Civil vense claramente minimizadas pola falta de información. Nembargantes, a información nunca é mal recibida. Con datos na man pensamos que podemos manexar determinadas situación de maneira óptima, cousa que de momento non podemos”, destaca a rexedora. Con todo, “somos conscientes da responsabilidade que nos daría ser coñecedores e coñecedoras deses datos, pero loxicamente para facer cumplir con toda a responsabilidade que se nos encomenda precisamos saber máis, estar ao corrente de xeito actualizado de como está evolucionando a situación, a casa paso”.
Satisfeitos coa información
En todo caso, tamén hai alcaldes satisfeitos coa comunicación entre administracións. Como o alcalde de Mazaricos, Xoan Blanco (BNG), que considera que a Xunta vai informando do material que se vai informando, e sempre tiven información puntual directa do delegado provincial Ovidio Rodeiro sempre que o necesitei, cun trato moi correcto. Comprendo que estarán desbordados de traballo e falar con cada alcalde sería complicado. Temos que intentar facilitarlle o traballo. Ademais temos contacto directo todos os días co centro de saúde”.
O José Luís Pérez Añón (PP), alcalde de Laxe, entende que a “situación é complicada”. Como profesional sanitario ademais (é facultativo no Centro de saúde laxense), recoñece que “ao principio a xente tomouno menos en serio, pero agora a xente se está portando con moito sentidiño, que é o que hai que ter. No Centro de Saúde hai menos movemento, as consultas a maioria son telefónicas, que é o que se debe facer, e as urxencias se atenden matendo os protocolos”.
Sobre a información dos positivos, Añón entende que “a Proteción de Datos debe ser respectada”, se ben recoñece que “ao final acabámolo sabendo”. Considera que “saber que no teu concello hai algún postivo, está ben sabelo, e si que poderían dicirnos se no teu concello tes 1, 2 ou os casos que sexan. De todas maneira, “por agora, que saibamos, non temos ningún positivo”. Iso si ten claro que “vai pra longo, este mes seguro, e veremos o mes que vén. O peor está por chegar”, indica.
O alcalde máis “sorprendido” pola pregunta é o alcalde de Laracha. José Manuel López Varela (PP) considera “falso que haxa falta de información da Xunta. As consellerías ofrecen información puntual sobre as medidas a tomar e sobre as reunións do Comité de seguimento. Tamén a Xunta coordina medidas coa Fegamp, na que están todos os concellos. E ademais entregou ó concello recentemente material (guantes, mascarillas e epis)”.