Venres. 18.06.2021
El tiempo

Santa Comba xa ten o seu 7º alcalde en 9 anos

Santa Comba xa ten o seu 7º alcalde en 9 anos
Maria Pose nova alcaldesa de Santa Comba María Pose, do PP, volve ser a alcaldesa de Santa Comba Ateigado, e repleto de forzas de seguridade e medios de comunicacións locais, autonómicos e mesmo estatais, estaba o Auditorio do Multiusos. Centos de veciños quixeron ver en directo a moción de censura que PP e TEGA veñen de presentar no Concello de Santa Comba para quitarlle a alcaldía ao alcalde socialista José Antonio Ucha Velo. Un Ucha Velo que denunciaba que a moción está orquestrada dende as altas esferas do PP, e que viu como o grupo de Terra Galega, despois de estar case 6 meses no goberno co partido socialista, agora apoia a moción de censura para investir á popular María Pose como nova, e repetida, alcaldesa. Numerosos medios de prensa e de seguridade na mocion de censura de Santa Comba Numerosos medios de prensa e de seguridade na mocion de censura de Santa Comba Maria Pose, a nova alcaldesa de Santa Comba trala mocion de censura Maria Pose, a nova alcaldesa de Santa Comba trala mocion de censura Volve así María Pose á alcaldía, formando goberno con Terra Galega. María Pose volve a tomar o bastón de mando tralo seu paso entre 2014 e 2015 como primeira alcaldesa da historia de Santa Comba, despois da dimisión do ex alcalde Antonio Landeira, salpicado pola Operación Qatedra.  

7 alcaldes en 9 anos, e segunda moción de censura contra Ucha Velo

O socialista Ucha Velo sufriu a súa segunda moción de censura O socialista Ucha Velo sufriu a súa segunda moción de censura Son así 7 alcaldes, varios repetidos, os que levan pasado polo despacho da Casa do Concello nos últimos 9 anos. Arrincaba a carreira en 2007, cando o propio Ucha Velo alcanzaba a alcaldía superando, con apoios, a José Tojá Parajó, alcalde popular no posto dende 1991. Xa daquela, en 2008, unha moción alonxaba a Ucha Velo do poder e colocaba a Miguel Pérez, do Partido Independientes por Santa Comba, como novo alcalde. En 2011, Antonio Landeira era investido de novo cos votos dos Independientes, pero tivo que dimitir dando paso a María Pose. En 2015, as municipais deixaban a Ucha Velo como alcalde, que volve ter que saír do despacho por mor dunha moción de censura. María Pose repite e suma o 7º cambio en 9 anos. Concelleiros de TEGA na mocion de censura de Santa Comba Concelleiros de TEGA na moción de censura de Santa Comba, con Chisco Ameijeiras, á esqueda, que podería ser nomeado en breve teniente de alcalde  

Un foro romano

Ateigado o Multiusos Ateigado o Multiusos Cual Foro Romano, o público asistente foi dando a súa visión nas intervencións e mesmo a Policía Local tivo que advertir a varios veciños alterados. Boa parte dos asistentes eran simpatizantes do actual alcalde, e así o fixeron notar. Entre eles, varios representantes das Agrupacións socialistas da bisbarra, como o alcalde de Laxe, Mouzo Castiñeira, ou o voceiro carnotán, Suso Campos. Membros do PSOE apoiando a Ucha Velo Membros do PSOE apoiando a Ucha Velo A policia tivo que advertir a algun vecino A Policia tivo que advertir a algún veciño alporizado Mesa na mocion de censura de Santa Comba Mesa na moción de censura de Santa Comba

Novas relacionadas

Fonte

comentarios