Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba xa ten alcaldesa

Santa Comba xa ten alcaldesa
Maria Josefa Pose Rodriguez nova alcaldesa de Santa Comba-Foto-OMIC

Tiña lugar onte o pleno de investidura de María Josefa Pose Rodriguez como alcaldesa de Santa Comba, a 6ª da época democrática. Un pleno emotivo, ateigado de veciños e compañeiros do PP de toda a provincia que quixeron acompañar á nova alcaldesa na súa estrea.

Asumiu con valentía o bastón de mando, e asegurou que está encantada de asumir o reto durante estes meses, sendo para ela “un orgullo, un reto e unha gran responsabilidade”. Iso si, destacou que “o importante é que Santa Comba se constrúa entre todos”:

Estiveron tamén presentes os dimitidos alcalde e o teniente alcalde, que quixeron apoiar á nova alcaldesa.

Agora toca esperar a ver como chegan as Eleccións Municipais 2015, que xa están aquí e das que xa temos analizado a situación.

O Pleno de investidura de Santa Comba estaba ateigado-Foto-OMIC

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios